📅 Data: 28 Xuño 2026
📍 Lugar: A Estrada
✍️ Autor: Comisión de festas San Paio 2026

Último día de festas, e que despedida!
Finais da AE LEAGUE, X-FEST con skate e realidade virtual, e pola noite o gran peche: sorteo do Escaparate, Orquestra Cinema e os fogos artificiais á medianoite na Rúa 56.
- 10:00 horas | Bombas de palenque.
- 11:00 horas | Pasarrúas da Banda Cultural da Estrada.
- 13:00 horas | Concerto da Banda Cultural da Estrada. (Alameda)
- 13:30 horas | Actuación de Moa Dixie Band. (Praza do Mercado)
- 16:00 horas | Semifinais e final da AE LEAGUE 2026. (Zona Deportiva)
- 17:00 horas | Final do XVI Torneo de Tenis Dobres Festas de San Paio. (Recreo Cultural)
- 18:00 a 20:00 horas | Actividade xuvenil X-FEST: skate, grafiti, rap e realidade virtual.
- 18:30 horas | Actuación infantil Dani Barreiro Kids. (Praza do Mercado)
- 19:30 horas | Pasarrúas da Charanga Europa.
- 21:30 horas | Sorteo do Escaparate e actuación da Orquestra Cinema. (Praza da Constitución)
- 00:00 horas | Fogos artificiais de fin de festa na Rúa 56.
- 00:30 horas | Orquestra Cinema. (Praza da Constitución)
Estas festas son de quen enche as rúas, de quen vén de lonxe para reencontrarse e de quen nunca se foi. Son de A Estrada e das súas 51 parroquias, de cada núcleo e de cada veciño que fai deste concello algo único.
Grazas, estradenses. Ata o ano que vén.

