Concello da Estrada

Trámites

Declaración de plusvalía

Que é ?E un imposto que grava o cambio de nome ou titularidade dos terreos de natureza urbana (venda de fincas, doazóns, herdanzas e outros).  
Quen o ten que declarar ?O comprador ou vendedor dun inmoble ou dereito real sobre un inmoble.
Que documentación hai que presentar ?

Declaración segundo o modelo oficial que se pode obter na Intervención Municipal xunto cos seguintes documentos :

1. Copia do documento xustificativo da trasmisión ( p. ex. : copia simple da escritura publica, sentenza xudicial, … ).

2. Documentos xustificativos das reducións, exencións ou bonificacións que se aleguen.

3. DNI do presentador da declaración.

4. Fotocopia do DNI/CIF do declarante.

Canto custa ?O que se indica nas Ordenanzas fiscais do Concello.
Cando se ten que facer ?

A declaración deberá ser presentada nos prazos seguintes a partir da data da transmisión:

a) Cando se trate de actos “inter vivos”, o prazo será de trinta días hábiles.

b) Cando se trate de actos “mortis causa”, o prazo será de seis meses, prorrogables ata un ano a solicitude do suxeito pasivo.

Como e donde se pode presentar ?No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Reéime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ?Immediata.
Que documentación entrega o Concello ?Copia da declaración do Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
Preguntas máis frecuentes

1. Se se pacta en escritura pública que o imposto sobre o incremento do valor dos terreos o pagará a parte compradora.  A quen se dirixirá o Concello para cobrar o imposto ?

– Ao vendedor. Ningún pacto entre as partes pode alterar a norma tributaria. Polo tanto, o pacto entenderase como un contrato de pagamento entre o vendedor e o comprador. O suxeito pasivo da liquidación non pode alterarse en ningún caso. O vendedor terá o dereito de recramarlle á parte compradora o importe da liquidación, e se este non lla paga, reclamar incumprimento de pacto pola vía xudicial.

Scroll ao inicio
Skip to content