Xunta de Galicia convoca o bono nova oportunidade para persoas autónomas (TR790A) fondos europeos
Programa II. Bono nova oportunidade (TR790A)
Poderán ser beneficiarias as persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, dentro dos últimos 5 anos desde a data da publicación da orde de convocatoria e queren volver emprender.
Cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, poden ser beneficiarias sempre que o soliciten a título persoal.
Deberán ter cotizado anteriormente a esta nova alta, polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, e transcorrer un período mínimo de seis (6) meses entre a nova alta e a anterior baixa.
Ademais, deberán estar inscritas como persoas demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta, e carecer de ocupación efectiva ou contrato en vigor no momento inmediatamente anterior ao de inicio da actividade laboral.
REQUISITOS:
a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026, e atoparse de alta no momento da solicitude.
b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua correspondente, e carecer de ocupación efectiva segundo o disposto artigo 5.1, excluídas as persoas autónomas colaboradoras.
c) Ter unha alta inicial no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade, antes desta nova alta, dentro dos últimos 5 anos desde a data da publicación desta orde, excluídos os autónomos colaboradores.
d) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta, polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e ter desenvolvido a actividade nese período (alta IAE).
e) Transcorrer un período mínimo de seis (6) meses entre a nova alta como persoa traballadora autónoma no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente, e a anterior baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente. f) Ter o domicilio fiscal en Galicia, con anterioridade á nova alta como persoa traballadora autónoma, e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia, tal e como se indica no artigo 7 desta orde.
g) Ter iniciado a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención. h) Estar dado de baixa no imposto de actividades económicas da actividade precedente.
A axuda do bono nova oportunidade será dunha contía única de 7.500 €, dirixida ás persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 33, contía que se incrementará en 500 € no caso de que a beneficiaria sexa unha muller.