Trámites
Taxa pola utilización de columnas, carteis e outras instalacións municipais
Que é ? | A utilización de columnas, carteis ou outras instalacións municipais para a exhibición de anuncios. |
---|---|
Quen o pode solicitar ? | Calquera persoa física ou xurídica interesada. |
Que documentos hai que aportar ? | – Unha solicitude asinada. – Memoria que deberá conter como mínimo unha descrición dos contidos, medios e características técnicas dos materiais empregados así como da súa seguridade. |
Canto custa ? | O que se indica no anexo da Ordenanza fiscal reguladora. As formas de pagamento poden consultarse no artigo 9 de dita Ordenanza. |
Cando se pode facer ? | Sempre. |
Onde se solicita ? | No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? | Un máximo de 15 días. |
Que documentación entrega o Concello ? | – Unha copia da resolución adoptada. – Recibo de pagamento das taxas. |
Outras informacións de interese | O solicitante deberá cumprir as normas de seguridade vixentes. Cómpre consultar tamén Instalación de anuncios en terreos de dominio público municipal. |