Servizos Sociais

Información campamentos de verán 2025

A quen vai dirixido: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

Datas e horario: Mes de xullo, agosto e ata o 5 de setembro, en horario de 9:00 a 14:00, de luns a venres (con posibilidade de ampliación segundo as necesidades das familias).

Prazas: 20 rapaces/as por quincena (agás no CEIP Figueiroa que son 40 prazas por quincena).

Lugar de celebración: Instalacións dos CEIP de Oca, Foxo, Cabada Vázquez, Villar Paramá e Figueiroa.

Prazo de inscrición: Do 27 de maio ó 6 de xuño (ambos incluídos).

Cota de inscrición

  • O prezo será de 35€ por participante e quincena (durante os meses de xullo e agosto).
  • Durante os días do mes de setembro: 25€ por participante.
  • O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€ en xullo e agosto, 20€ en setembro).
  • A partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica:

https://aestrada.sedelectronica.gal

Documentación a presentar xunto coa solicitude:

  • D.N.I do neno/a
  • D.N.I do pai, nai ou titor
  • Libro de familia (só se solicita bonificación por 2º/3º irmán participante)
  • Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á S.S. no réxime especial de traballadores por conta propia.
  • Fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.

Criterios de prioridade

No caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse segundo a seguinte orde de prioridades:

  1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
  2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
  3. Familias nas que os pais, titores ou gardadores acrediten estar traballando durante o período da actividade.
  4. Familias con rendas máis baixas (IPREM).
  5. Rapaces e rapazas que acrediten condición de familia numerosa.
  6. Orde de entrada das solicitudes.

Preferencia: Terán preferencia no momento da inscrición os nenos/as empadroados no Concello da Estrada. No caso de que haxa prazas vacantes en calquera das quendas, poderán formalizar a súa inscrición os/as nenos/as non empadroados.

Descargar ficha de inscrición

Scroll ao inicio
Ir o contido