Servizos Sociais

Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2025

• PRAZO DE INSCRIPCIÓN
Dende o 17/03/2025 ata o 24/03/2025 (Ambos incluídos)

• REQUISITOS PARA PARTICIPAR
Persoas maiores de 50 anos, ou persoas con discapacidade que non cumpran o requisito da idade.
Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos
Terán prioridade as persoas que non participaran na primeira quenda, despois o criterio de selección establecerase polo número de rexisto de entrada.

• LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
Departamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada

• DATAS DA ACTIVIDADE
Dende o 02/04/2025 ata 20/06/2025 (Ambos incluídos)

• PREZO DA ACTIVIDADE
20 €

• HORARIOS / GRUPOS
◦ Luns de 09:15h a 10:00h
◦ Luns de 16:30h a 17:15h
◦ Luns de 19.30h a 20.15h
◦ Mércores de 09:15h a 10:00h
◦ Venres de 09:00h a 09:45h
◦ Venres de 09:45h a 10:30h

• Nº DE ALUMNOS POR SESIÓN
Mínimo 7 alumnos/sesión e máximo 12 alumnos/sesión

• DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR A SOLICITUDE
◦ CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE SE FOSE O CASO

Descargar solicitude.

Scroll ao inicio
Ir o contido