Concello da Estrada

Trámites

Recollida e Tratamento de Lixo - Baixa no servizo

Que é ?Baixa no Padrón da taxa de recollida do lixo.
Quen o pode solicitar ?Os propietarios dos inmobles ou os seus representantes
Onde se solicita ?No Rexistro Xeral do Concello.
Que documentos hai que
presentar ?
Solicitude de baixa dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello fundamentando ou alegando que o inmoble non reúne condicións de habitabilidade ou que presenta estado de ruína (que se informará polos servizos técnicos municipais), ou por cesamento das actividades comerciais, industriais ou profesionais.
Canto custa ?É gratuíta.
Cando se pode solicitar ?

En calquera momento.

A baixa surtirá efectos no período natural seguinte ao de presentación da mesma podendo, no seu caso, prorratearse por meses.

Máis información– Servizos de subministro de auga e sumidoiros.
– Na zona urbana o recibo ten periodicidade bimestral e comprende xunto coa taxa de recollida de lixo, a da auga e a da rede de sumidoiros. Na zona rural o recibo e semestral.
– Ordenanza fiscal da taxa de recollida e tratamento de lixo.

Scroll ao inicio
Skip to content