- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Información Campamentos de verán 2025
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2025
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Trámites
Punto de Información Catastral (PIC)
Está situado na 3ª planta do Concello. O horario de atención ó público é de luns a venres das 9:00 ás 14:00 horas – Servizo Gratuíto
Os servizos electrónicos que poden prestarse no PIC:
- Servizo de consulta de datos catastrais non protexidos, certificación da referencia catastral e consulta de cartografía.
- Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polos titulares catastrais, os seus representantes ou persoas autorizadas por eles.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral.
- Servizo de consulta para os titulares catastrais sobre información relativa ás solicitudes de axuda da última campaña da Política Agrícola Común (PAC) con relación ás parcelas rústicas da súa titularidade declaradas naquelas solicitudes.
- Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos por parte de titulares catastrais das parcelas lindeiras, titulares ou cotitulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería así como por parte de herdeiros e sucesores nos termos establecidos no artigo 53.1 c), d) e e) do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.