Imagen Cabecera Común

Programa da Feira da Sidra

A Estrada acolle este sábado, 7 de xuño, unha nova edición da Feira da Sidra. Celebrarase baixo a carpa instalada na Praza da Constitución, coa participación de 24 lagares de cinco países.

A venta anticipada de vasos remata este mércores. Pódense adquirir no posto habilitado ao efecto no Novo Mercado, a un prezo de 7 euros a unidade. O vaso conmemorativo dá acceso a degustar, tantas veces como se desexe, os caldos presentes na mostra.

O horario da degustación, que estará acompañada de ambientación musical, será de 12.00 a 15.00 e de 19.00 a 21.00. A cata matutina acompañarase da degustación de tapas e racións elaboradas por unha decena de hostaleiros.

Scroll ao inicio
Ir o contido