Concello da Estrada

Trámites

Padrón Municipal de habitantes

Que  é ?O Padrón Municipal é o rexistro que acredita a residencia e o domicilio dos veciños do municipio a todos os efectos administrativos.
Todas as persoas residentes nun concello teñen a obriga de se inscribir no Padrón Municipal de Habitantes e notificar os cambios de domicilio ou variacións dos datos de inscrición que se poidan producir mentres viven no mesmo.
O veciño ten dereito a coñece-la información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a eixisir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.
Quen o pode solicitar ?Todas as persoas maiores de idade que teñan o seu domicilio habitual no Concello da Estrada, no seu propio nome ou no de todas as personas que teñan o seu cargo.
Que documentacion hai que presentar ?1. Solicitude

2. Folla padronal ( facilítase no mesmo Concello ) cuberta e asinada.

3. Documento que acredite a identidade das persoas inscritas : D.N.I., Libro de familia ( para menores de 15 anos ). No caso de estranxeiros permiso de residencia ou pasaporte.

4. Documento que acredite a ocupación do inmoble onde se vive ( escritura de propiedade, contrato de arrendamento, contrato ou recibo actual expedido pola Compañía subministradora de teléfono, auga, electricidade. Este documento no é preciso no caso de incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empradroado

No caso de rectificación ou actualización de datos, documento acreditativo do dato correcto.
Cando se pode solicitar ?Sempre
Onde se pode solicitar?Persoalmente no Servizo do Padrón Municipal – Casa do Concello.
Canto tempo tarda a resposta?hh horas dd días
Que documentación entrega o Concello ?Se se desexa, un certificado ou o volante de empadroamento.
Normativa de aplicación– Lei 4/1996 pola que se modifica a Lei 7/1985.

– Real Decreto 2612/1996 polo que se modifica o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais aprobado por R.D. 1690/1986.

Scroll ao inicio
Skip to content