Concello da Estrada

Trámites

Matrimonios civís

Que é ?A modificación do  Código Civil pola Lei 35/1994, introduce a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleiro no que delegue.
Quen o pode achegar?A idade legal mínima para contraer matrimonio son os 18 anos.
Os menores terán que presentar autorización paterna ao tramitar o expediente.
Que documentos hai que
aportar ?
– Autorización do Rexistro Civil .
– Solicitude de casamento asinada por un dos contraentes, ou polo seu representante, que se presentará no Rexistro Xeral do Concello, na que conste :
-Nome, apelidos, D.N.I. de cada contraente e o seu lugar de residencia.
-Nome e DNI de dúas testemuñas como mínimo, distintos dos do Rexistro Civil, que poden ser familiares e que deberán ser maiores de 18 anos.
-Data e hora desexada para a celebración da cerimonia.
– Xustificante do ingreso da taxa.
Canto custa ?–  85 euros, se un dos contraentes constase no padrón municipal de habitantes dende un ano antes, polo menos, á celebración.
– 120 euros, nos demais casos.
Cando se pode facer ?En calquera momento.
Onde se solicita ?No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ?Inmediata.
Que documentación entrega o Concello ? – Recibo de pagamento das taxas.
– Unha vez celebrada a ceremonia, o Alcalde expide un certificado que se pode presentar no Rexistro Civil para a obtención do libro de familia.
Outras informacións de intereseOrdenanza da Taxa pola celebración de matrimonios civís na Casa do Concello.
– Código Civil – Titulo IV
–  Instrución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado de data 26.01.1995 (B.O.E. núm. 35 de 10.02.95).

Scroll ao inicio
Skip to content