Servizos Sociais

Listado admitidos Campamento no Mar 2025

Listado de admitidos, para o Campamento no Mar 2025 que se celebrará no Albergue Xuvenil «A Devesa» (Ribadeo) do 26 de agosto ó 4 de setembro. (Descargar listado)

Documentación a presentar (en caso de non presentala no momento de facer a solicitude):

  • Foto recente do/a participante
  • Cuestionario informativo (descargar cuestionario)
  • Tarxeta sanitaria do/a menor (por ambas caras)

O pago poderán facelo de duas maneiras:

  • Con tarxeta (no departamento de Servizos Sociais)
  • Transferencia bancaria (recollendo a carta de pago no departamento de Servizos Sociais) e presentando o xustificante no mesmo departamento.

O pago realizarase do 6 ó 14 de agosto.

NOTA
O mércores 20 de agosto ás 20:30 horas celebrarase no Salón de Plenos do Concello a reunión informativa coas familias.

 

21/08/2025

Xúntase a información proporcionada pola empresa na reunión mantida no día de onte cos pais/nais/titores sobre o Campamento no Mar 2025.

Aínda quedan algunhas prazas libres, por se alguén se quere anotar (último día venres 22 de agosto de 2025)

Scroll ao inicio
Ir o contido