Trámites
Licenza de obra maior
Que é ? En que datas se pode facer ? | Permiso que dá o Concello para a realización de actos de edificación ou uso do solo, tales como parcelacións urbanísticas, obras de nova planta, modificación de estrutura ou aspecto exterior das edificacions existentes, a demolición de construcións o calesquera outras que impliquen un uso urbanístico do solo distinto do mero uso natural. |
---|---|
Quen o pode solicitar ? | O promotor da obra. |
Que documentación hai que presentar ? | Unha solicitude segundo o modelo normalizado, que terá que incluír : 1. Identificación completa do promotor. 2. Identificación completa e certificación rexistral actualizada de dominio e cargas da finca na que se vai a facer a obra. 3. Descrición detallada da obra ou actuación. 4. Prazo previsto para realizala. 5. Fotografias do solar e dos elementos públicos. 6. Tres copias do proxecto básico ou de execución visado. 7. Datos estatísticos de interese municipal, segundo modelo normalizado. 8. Compromiso dos técnicos (documento que xustifica que técnico se fai responsable da obra, debidamente visado polo Colexio profesional correspondente) 9. Programa de control de calidade. 10. Estudo de seguridade e saúde e nomeamento do Coordinador-Responsable debidamente visados 11. Folla de datos estatísticos da edificación e habitabilidade. 12. Solicitude de ocupación da vía pública. (se procede) 13. Outras licenzas que se soliciten simultaneamente para a mesma finca. 14. Proxecto específico da infraestrutura común de telecomunicacións. |
Canto custa ? | Os seguintes importes : Se a execución das obras precisara da ocupación da vía pública (colectores, andamios, reservas de espazos …) tamén se liquidará a Taxa correspondente. |
En que datas se pode facer ? | Sempre. |
Como e donde hai que presentalo ? | No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? | 20 días aproximadamente. |
Que documentación entrega o Concello ? | – Xustificante da solicitude – Liquidación do pagamento das taxas e impostos. – Notificación definitiva da resolución do expediente. – Licenza de obra maior. |
Onde se pode atopar máis información ? | – No Servizo Municipal de Urbanismo do Concello – Ordenanza fiscal do Imposto sobre Contrución, Instalacións e Obras. – Ordenanza fiscal da Taxa por Licenzas Urbanísticas. – Ordenanza fiscal da Taxa por Ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materias de construción, … |