Concello da Estrada

Instituto Gallego de la Vivienda y Suelo convoca el programa de ayudas a las actuaciones de mejora de la eficiencia energética en las viviendas (Fondos Europeos)

«»»»INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

Persoas beneficiarias

1. Ao abeiro do artigo 41 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas. 

As persoas beneficiarias das axudas poderán facultar e autorizar, mediante o correspondente acordo, que un axente ou xestor da rehabilitación actúe por conta daquelas. O axente ou xestor da rehabilitación é aquela persoa física ou xurídica, ou entidade pública ou privada que poida realizar actuacións de impulso, seguimento, xestión e percepción de axudas públicas, mediante mecanismos de cesión do dereito de cobramento ou similares, acceso ao financiamento, elaboración de documentación ou proxectos técnicos ou outras actuacións necesarias para o desenvolvemento das actuacións subvencionables, ao abeiro do artigo 8 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. 

Actuacións subvencionables

1. De conformidade co establecido no artigo 43 do dito real decreto, son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes á edificios plurifamiliares, en que se consiga unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 %, ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %.

Tamén se considerarán subvencionables as actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica para adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos nas táboas 3.1.1.a–HE1 e 3.1.3.a–HE1, do Documento básico DB HE de Aforro de enerxía do Código técnico da edificación.

As actuacións deben cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran. 

De conformidade co establecido no artigo 42 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, as vivendas para as que se solicite financiamento deste programa teñen que constituír o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, circunstancia que será obxecto de comprobación.

Así mesmo, as vivendas deberán contar cun certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual elaborado e asinado pola persoa competente, co contido requirido no Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba el procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios, inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (en diante, RGEEE) no momento da presentación da solicitude, e ter unha referencia catastral diferenciada, de xeito que non se poderá conceder máis dunha axuda por vivenda a unha mesma referencia catastral en cada convocatoria.

As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020 nin estar f inalizadas no momento da publicación desta convocatoria no DOG.

Contía e compatibilidade das axudas

1. O importe da subvención será do 40 % do custe das actuacións, cun límite de 3.000 euros por vivenda.

2. No importe obxecto de subvención poderán incluírse os honorarios dos profesionais intervenientes, o custo da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa, e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Non se consideran custos subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado subvencionable sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación, total ou parcial.

3. O custo mínimo da actuación terá que ser igual ou superior a 1.000 euros por vivenda.

As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 13 de setembro de 2024, agás que, con anterioridade, se tivese esgotado o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.»»»»

 

 

Si precisas más información desde el departamento de empleo del Ayuntamiento de A Estrada te la proporcionaremos. Puedes llamarnos al teléfono 986 677 740 o pasarte por nuestras oficinas sin necesidad de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas.

En A Estrada son varios los despachos técnicos que nos manifestaron su disposición para ayudarte a tramitar la ayuda, aquí tienes el LISTADO PERSONAL TÉCNICO

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240711/AnuncioC3Q2-040724-0001_gl.pdf

Scroll al inicio
Ir al contenido