Concello da Estrada

Instituto Gallego de la Vivienda y Suelo convoca ayudas a la elaboración del libro del edificio existente para la rehabilitación y redacción de proyectos de rehabilitación de viviendas (Fondos Europeos)

«»»»INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

Constitúen actuacións subvencionables as seguintes:

a) A elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación (liña A).

b) A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (liña B).

As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020.

Os edificios obxecto das actuacións subvencionables a través deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar rematados antes do ano 2000.

b) Que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

contía máxima da subvención para o libro do edificio existente para a rehabilitación será a obtida da seguinte forma:

a) No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 700 euros, máis unha cantidade de 60 euros por vivenda.

b) No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 1.100 euros, máis unha cantidade de 40 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 3.500 euros.

Se non se dispón do informe de avaliación do edificio (IAE), a elaboración deste documento, correspondente á parte I.1 do bloque I do anexo I do Real decreto 853/2021, conforme o ordinal sexto, poderá incrementar a axuda ata nun 50 %. 2.

No suposto de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios a contía máxima da subvención será a obtida da seguinte forma:

a) No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 4.000 euros, máis unha cantidade de 700 euros por vivenda.

b) No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 12.000 euros, máis unha cantidade de 300 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 30.000 euros.

3. O custo destas actuacións correspóndese co campo de intervención 025 bis «Renovación da eficiencia enerxética dos inmobles existentes, proxectos de demostración e medidas de apoio» do anexo VI do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021. 4. A contía da axuda non poderá superar en ningún caso o custo total, excluídos os impostos. Non obstante, o imposto sobre o valor engadido poderá ser considerado elixible, sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación total ou parcial.

As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 13 de setembro de 2024.»»»»

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240711/AnuncioC3Q2-050724-0001_gl.pdf

Scroll al inicio
Ir al contenido