Instituto galego da vivenda e solo convoca as axudas do programa fogar vivo

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Fogar Vivo (códigos de procedemento VI426F e VI426H), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para o alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa para o ano 2026, con financiamento plurianual.

Esta resolución ten por obxecto:

a) Establecer as bases reguladoras das axudas do programa Fogar Vivo (en diante, o Programa), que se tramitarán cos códigos de procedemento VI426F e VI426H.

b) Establecer o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para alugamento, tanto a través de axentes inmobiliarios como a través dos concellos colaboradores.

O Programa establece as seguintes axudas:

a) Unha axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impagamento de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar.

b) Unha axuda para a adecuación e a reparación da vivenda.

c) Unha axuda vinculada á obtención da axuda para a adecuación e a reparación (en diante, axuda vinculada), para o caso de que a vivenda se alugue a persoas menores de 36 anos ou con fillos/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grado de discapacidade recoñecida.

REQUISITOS:

a) Estar situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ser de titularidade privada e non estar suxeitas a ningún réxime de protección pública.

c) Reunir as condicións adecuadas de habitabilidade e mantemento no momento de ofrecerse en alugamento.

d) Estar vinculada o Programa durante un período mínimo de cinco ou sete anos, en función de que a persoa propietaria ou usufrutuaria sexa unha persoa física ou xurídica.

e) Non ter sido arrendadas durante os tres meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da/das axudas/s. Este requisito poderá exceptuarse:

– No suposto das vivendas incorporadas na sección II, no caso de que por imperiosa necesidade de emerxencia social, segundo o informe dos servizos municipais, a vivenda xa estivera adxudicada a/as persoa/s arrendataria/s.

– No caso de solicitudes de axudas para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impagamento de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar e das axudas para a adecuación e reparación que xa conten con contrato de alugamento asinado, sempre que a solicitude se realice nun prazo máximo de quince días desde a sinatura do contrato. Neste suposto o prazo dos tres meses computarase desde a data da sinatura do contrato.

f) Non estar afectada por algunha circunstancia xurídica que impida o seu alugamento

ACTUACIÓNS

a) Obras de conservación e mantemento.

b) Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como as obras necesarias para o correcto funcionamento das súas instalacións e/ou para a súa adaptación á normativa vixente.

c) Axustes na distribución interior da vivenda.

d) Adquisición e colocación de mobiliario de cociña, así como dos seguintes electrodomésticos: neveira, cociña, forno, microondas, lavavaixelas e campá extractora.

e) Cambio de sanitarios, lavadoras, bañeira e anteparos.

A contía máxima das axudas non poderá superar o límite de 16.000 euros por vivenda, de acordo coa seguinte distribución:

a) Axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impagamento de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar: de ata 3.000 euros, desagregados en importes anuais de ata 600 euros, no caso de que a persoa arrendadora sexa unha persoa física, ou de ata 428 euros, no caso de que sexa unha persoa xurídica.

b) Axudas para a adecuación e reparación das vivendas: en función do investimento realizado, terá os seguintes importes:

– Axuda base de ata 5.000 euros: a subvención será do 80 % do gasto xustificado, con independencia do número de actuacións que se realicen, ata un investimento de 6.250 euros.

– Axuda complementaria de ata 6.000 euros, a razón 2.000 euros por cada 10.000 euros de investimento adicional a partires do investimento de 6.250 euros, ou a parte proporcional, en función do investimento realizado e dos gastos xustificados. c) Axuda vinculada: 2.000 euros.

PRAZO:

As solicitudes poderán presentarse desde as 9.00 horas do LUNS 2 DE MAARZO ata ás 14.00 horas do 3 de xuño de 2026.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260227/AnuncioC3Q2-200226-0001_gl.pdf

Scroll ao inicio
Ir o contido