Concello da Estrada

Trámites

Imposto sobre Actividades Económicas - Altas, Baixas, Modificacións

Que é ?Declaración que se fai para comunicar altas, baixas, variacións ou rectificacions no padrón do Imposto sobre actividades económicas
Quen o pode solicitar ?As persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan unha actividade empresarial, profesional ou artística na Estrada .
Que documentos hai que presentar ?1. Declaración segundo o modelo oficial que se pode recoller na Intervención Municipal.
2. Copia do DNI de quen a presenta.
Canto custa ?A tramitación é gratuíta.
Cando hai que facelo ?

Os prazos son diferentes en cada un dos casos :

– Alta : dentro dos 10 días hábiles inmediatamente anteriores ao inicio da actividade.

– Baixa: un mes a partir da data de peche.

– Variación dos elementos tributarios (cando estes excedan do 20 %): un mes a partir da data na que se fixo a variación.

Como e onde hai que presentala ?No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ?Immediata.
Que documentación entrega ao Concello ?Segundo o caso, documento de liquidación, recibo ou comprobante da actuación efectuada e copia da declaración presentada.
Onde podo atopar máis información ?– Na Lei de Facendas Locais – artigos 90 a 92.
– Consultando a Ordenanza fiscal.

Scroll ao inicio
Skip to content