Trámites

Devolución de ingresos indebidos

  • Que é ?O dereito de que se lle devolvan aos cidadáns as cantidades cobradas indebidamente polo Concello.
    Quen o pode solicitar ?Os cidadáns que fixeran un ingreso no Concello que, por algún motivo legal, sexa incorrecto.
    Que documentos hai que presentar ?Os seguintes :
    1. Solicitude  especificando o solicitado.
    2. Fotocopia do NIF do interesado ou do seu representante.
    3. Recibo orixinal do pagamento que se considera incorrecto.
    4. Un documento xustificativo da petición ( p. ex. : baixa dun vehículo, fotocopia escritura pública, IBI, IAE …)
    5. Datos bancarios da conta onde se desexa que se lle retorne o importe.
    Canto custa ?Gratuíto.
    Cando se pode facer ?Antes dos 4 anos seguintes dende que se produciu o ingreso.
    Onde se presenta ?No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no Artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
    Canto tempo tarda a resposta ?3 meses, máximo.
    Que documentación entrega o Concello ?– Resgardo de presentación da solicitude, unha vez rexistrada.
    – Notificación da denegación ou aceptación da devolución.
    – Se a solicitude é aceptada, a devolución farase por transferencia bancaria.
     
Scroll ao inicio
Ir o contido