Imagen Cabecera Común

O Concello da Estrada conmemorará mañá martes o 25 de novembro como Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Para iso haberá unha concentración simbólica en lembranza das vítimas de violencia machista, un acto convocado ás 20.00 horas na Praza da Constitución.

Ao pé do consistorio darase tamén lectura ao manifesto institucional. O acto está aberto á participación de toda a cidadanía.

Vén e di NON á violencia de xénero!

Scroll ao inicio
Ir o contido