Concello da Estrada

Cultura

Formulario Premio Reimondez Portela

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Escritores de hoxe Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Arte: Galería virtual Mulleres valentes Redes Sociais Biblioteca municipal Conservatorio de música Fundación Cultural da Estrada Close Persoeiros das letras Escritores de hoxe Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Arte: Galería virtual Mulleres valentes Redes Sociais Biblioteca municipal Conservatorio de música Fundación Cultural da Estrada Premio Reimondez Portela O Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela ten como obxectivo promover e recoñecer o labor periodístico e dos medios de comunicación así como os artigos escritos en lingua galega. Bases 2024

Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Escritores de hoxe Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Arte: Galería virtual Mulleres valentes Estrada escena outono 2024 Redes Sociais Biblioteca municipal Conservatorio de música Fundación Cultural da Estrada Close Persoeiros das letras Escritores de hoxe Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Arte: Galería virtual Mulleres valentes Estrada escena outono 2024 Redes Sociais Biblioteca municipal Conservatorio de música Fundación Cultural da Estrada Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Bases V Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado PrimeiraPoderán optar ao V Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia. O(s) autor(es) ou autora(s) garantirán a autoría e orixinalidade da obra presentada ao premio, así como que non é copia ou modificación de ningunha obra allea nin integral nin parcialmente. SegundaPoderán concorrer ao premio tanto unha soa persoa autora da parte textual e da gráfica coma dúas ou máis persoas coautoras da parte textual e/ou gráfica. TerceiraAs obras serán presentadas co texto en lingua galega, seguindo a normativa oficial establecida pola RAG/ILG. CuartaAs obras a concurso deberán cumprir tamén as seguintes condicións: – O texto do álbum poderá presentarse xa incorporado á parte gráfica ou tamén por separado dela. En caso de presentarse o texto por separado enviaranse cinco copias impresas deste e outro xogo doutras cinco copias a cor do conxunto de ilustracións. Tamén deberán achegarse indicacións precisas de onde debe figurar o texto en cada páxina ilustrada. En caso de presentarse o texto xa incorporado á parte gráfica deberán enviarse cinco copias impresas a cor do álbum.– As obras deberán ter unha extensión, sen incluír a cuberta e contracuberta e as gardas, dun mínimo de 24 páxinas e un máximo de 48 páxinas cun un tamaño de 240×210 mm en formato horizontal ou 170×240 mm en formato vertical.– Os álbums presentaranse con título e baixo pseudónimo. Nun sobre á parte e cerrado figurarán o nome completo, DNI, enderezo postal e electrónico e máis o teléfono do autor ou autora. Todos estos datos de cada un dos autores da obra.– O autor/a ou autores/as presentarán na plica unha declaración xurada conforme de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non estar incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003, así como fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente. QuintaO prazo de admisión de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2025. Os álbums deberán enviarse ao seguinte enderezo: V Premio Alberte Quiñoi de Álbum IlustradoConcello da EstradaPraza da Constitución, 136680 A Estrada (Pontevedra) SextaEstablécese un premio único de 4.000 euros para o gañador ou gañadora, suxeito ás retencións que, no seu caso, procedan. De seren dúas ou máis as persoas gañadoras, a contía do premio repartirase equitativamente entre todas elas.O premio poderá xestionarse por tramitación anticipada de gastos, co obxecto de iniciar a tramitación no exercicio 2024, e adxudicar (disposición de gastos) e recoñecer o importe da obriga con cargo aos orzamentos de 2025, en concreto, na aplicación orzamentaria 2025/01/330/48100. SétimaO álbum gañador será publicado pola Editorial Galaxia. OitavaO xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio vinculadas ao mundo da creación e/ou da crítica literaria ou artística e será designado polo Concello da Estrada (tres membros), a Secretaría Xeral de Política Lingüística (un membro) e a Editorial Galaxia (un membro). Actuará como secretario ou secretaria do xurado, un dos membros do xurado a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio outorgarase por maioría simple de votos, podendo ser declarado deserto se o xurado así o estima. A decisión do xurado será inapelable. NovenaAs presentes bases publicaranse na web municipal http://www.aestrada.gal, na app do Concello e nas súas redes sociais.O extracto da convocatoria desta subvención publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Posteriormente, a BDNS dará traslado do extracto desta ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación. DécimaOs textos non premiados poderán ser retirados no Departamento de Cultura do Concello da Estrada, previa presentación de solicitude, por correo-e ou teléfono. O impreso de retirada será asinado polo autor ou autora no momento da súa recollida, nun prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da comunicación do xurado. Aqueles que non sexan retirados no prazo indicado serán destruídos, sen que proceda ningunha reclamación ao respecto. UndécimaA presentación ao premio implica por parte dos ou das concursantes a aceptación total destas bases. Descargar bases.

IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Escritores de hoxe Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Arte: Galería virtual Mulleres valentes IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán Estrada Escena Primavera 2024 Redes Sociais Biblioteca municipal Conservatorio de música Fundación Cultural da Estrada Close Persoeiros das letras Escritores de hoxe Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Arte: Galería virtual Mulleres valentes IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán Estrada Escena Primavera 2024 Redes Sociais Biblioteca municipal Conservatorio de música Fundación Cultural da Estrada IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán A Fundación Cultural da Estrada, a través da Escola Municipal de Artes Escénicas, convoca o IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán co obxectivo de estimular a creación de nova dramaturxia galega. Poderán concorrer ao premio todas as persoas que o desexen con textos inéditos escritos en lingua galega. O prazo de recepción de orixinais pechará o 31 de outubro e a dotación económica será de 1.200 euros, ademais da publicación da obra gañadora. A organización escollerá un xurado de recoñecido prestixio presidido polo dramaturgo Santiago Cortegoso, que emitirá o seu fallo antes do 31 de decembro de 2023. Accede ás bases da convocatoria nas webs aestrada.gal e emae.aestrada.gal Descargar bases.    

Programación Cultural Outono 2023 – Estrada Escena Outono 2023

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Programación Cultural Outono 2023 – Estrada Escena Outono 2023 SETEMBRO Sábado 30 (21.00 h) Deadpan, Ibuprofeno Teatro (estrea) OUTUBRO Venres 6 (21.00 h) 70+, LEO BASSI Sábado 14 (12.30h) Son no berce, A Cova das Letras Sábado 21 (20.30h) Concerto de outono, Coral Polifónica Estradense Venres 27 (21.00h) Cómico, Rafael Álvarez “EL BRUJO” NOVEMBRO Xoves 2 (20.30 h) Parladoiro con QUICO CADAVAL Venres 3 (21.00 h) The Great Greta, Greta Marí Venres 10 (21.00 h) Sta Inés, Cía La Feroz Domingo 12 (18.00h) Festival Lume na Lareira Venres 17 (21.00 h) As alumnas, Culturactiva Producións Sábado 18 (20.30 h) Concerto Sta Cecilia, Banda Cultural da Estrada Xoves 23 (20.30 h) Parladoiro literario con YOLANDA CASTAÑO Venres 24 (21.00h) Brokeback Sabucedo, Sal do Teatro Sábado 25 (20.30 h) Concerto Sta Cecilia, Banda Municipal da Estrada DECEMBRO Venres 1 (21.00h) Sal, Joan Strader Sábado 2 (12.30 h) Hugo, Náufragos Teatro Venres 15 (21.00 h) EL BÚHO en concerto Venres 22 (21.00 h) Concerto de Nadal, Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso Sábado 23 (20.30 h) Concerto Fin de Ano, Coral Polifónica Estradense + Coral Polifónica de Soutomaior Xoves 28 (21.00h) Tributo a Phill Collins, The Air Tonight Band Venres 29 (20.00 h) Os tres porquiños o musical, Educa Teatro XANEIRO Martes 2 (17.30h /19.30h) Cuento de navidad, Cía La Bicicleta Toda a programación detallada na app do Concello da Estrada Android:→ https://goo.gl/iY9ww9 iOS:→ https://goo.gl/fTnypG E lembra que tamén podes recibir toda a programación no teu whatsapp.Como??? -> http://app.aestrada.com/eventos/ficha/1582/gl

Enlaces externos

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Escritores de hoxe Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán Arte: Galería virtual Mulleres valentes Programación Cultural Outono 2023 Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Escritores de hoxe Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán Arte: Galería virtual Mulleres valentes Programación Cultural Outono 2023 Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Enlaces externos Queres saber que facer no teu tempo libre? Tes inquietudes culturais ou artísticas e queres saber o que se move na Estrada? Non importa o que busques, todo o que precisas para o teu tempo de lecer na Estrada, podes atopalo nestas páxinas. Fundación Cultural da Estrada Museo Manuel Reimóndez Portela Conservatorio de música

Premios literarios

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Premios literarios Na Estrada celébranse todos os anos distintos e recoñecidos premios literarios: de novela, de poesía e xornalístico.

Cimadevila Cea, Ramiro

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Cimadevila Cea, Ramiro De estilo realista, resalta a súa visión profundamente sentimental das súas paisaxes e das súas naturezas mortas, compostas por obxectos cotiáns.   Biografía Mes de febreiro, curto e frío. Na noite silente, folerpas de neve tecen, nos cómaros da Devesa, un berce branco, impoluto. Nos arrós de Piñeiro, os tenros pompóns das verdes mimosas amarelecen. Senten degoiros duns camavais ao trote polos carreiros dos días. Na mañá do día cinco, no fogar dos Cimadevila Cea, freguesía de San Xurxo de Vea, un brado forte racha o silencio da alcoba. O neófito Ramiro anuncia unha nova vida. Ano 1957. O rapaz, infancia responsable, axuda na crianza da saga familiar. No tempo, cumpre coa obriga escolar. Observador e lizgaíro, nos cadernos ensarilla debuxos con números, debuxos con letras. Decote debuxos, decote grafías. Ramiro, adolescente, comeza a súa xeira vital como pintor. Interiores de edificios de Compostela saben da aprendizaxe sutil do mozo. Na fronteira da xuventude, a Mariola de Couso, peite de salmóns e reos, representa un fito na personalidade de Ramiro. Aquela primeira pintura xungue a orela da brocha e da escada coa ribeira do pincel e do cabalete. Vivencia obrigada: soldado en Barcelona. Naquela cidade, de pinturas a esgalla: Parque Güelll, Sagrada Familia, Tibidabo, sabe Ramiro de cores quentes e cores frías. Alí, os anceios de neno trócanse realidade e comeza a creación de cadros ao óleo, ao pastel, a acuarela. Á volta, en Galicia, o tren da vida precisa, de novo, de vagóns económicos. Neles sigue presente a brocha, o rodillo, os caldeiros. Non obstante, a paixón polo óleo aperta con forza e un acolledor recuncho da súa casa mostra paletas, lenzos, trípodes. Nel, as horas de lecer de Ramiro transcorren de presa nese labor sempre desexado. Unha pintora experta, Elisa Abalo, coñece e valora as aptitudes de Ramiro. No estudio, a mestra faino partícipe nos secretos e técnicas pictóricas. Xa Ramiro é pintor de dobre modalidade. Anos e anos autodidacta con paixón, na actualidade Ramiro móstrase como un artista pintor cun agudo sentido da observación do entrono. A través da súa pintura, de ampla temática (bodegóns, mariñas, paisaxes), déixanos a pegada persoal do seu realismo, mergullado nun sentimento saído en fervenza dos seus pinceis. A suave gradación da luz, a serena tonalidade da cor imprimen unha tenra frescura a todas as súas obras.

Escritores de hoxe

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Escritores de hoxe Esta páxina tenta recoller a ampla labor de creación dos moitos escritores vencellados coa Estrada, por mor de nacemento, adopción ou devoción. Alonso Bernárdez, Xosé G. Arca Caldas, Olimpio.  Armesto Rodriguez, Jorge. Barcia Caballero, Juan. Basanta Collazo, José. Bergueiro Lopez, Manuel. Blanco Valdés, Juan Luis. Brea, Mercedes.  Cabada Castro, Manuel.  Cabada Vázquez, Xosé Manuel. Camba Sanmartín, Xabier Carbajal, Miguel. Carballude, Pepe.  Constenla Bergueiro, Gonzalo.  Couceiro Bugallo, Xosé.  Docampo Pego, Maria Otilia. Docampo Regengo, Miguel Docampo Vázquez, Xosé. Dono López, Pedro. Fernández Castro, Xoan Andrés Fernández Da Ponte, Xosé. Feros Sangiao, Nieves. Fragoso, Manuel. García Barros, Manuel. García Gómez, Valentín. Garrido Couceiro, Xoán Carlos.  Goldar, Helena Goldar Durán, Xosefa. González Vigo, Marcial José. Losada Díeguez, Antón. Loureiro, Carlos.  Lueiro Lemos, Xosé. Luna Sanmartín, Xosé.  Maceira, Xosé Manuel. Martinez Millarengo, Betty. Martínez Oca, Xosé Manuel Mella Villar, Carlos. Miramontes Carballada, Angel Mosquera Carbón, Xosé Manuel. Nogueira Pereira, María Xesús. Nuñez Gestoso, Manuel. Otero Fernández, David. Otero Rodríguez, Fatima Antia. Pai Soarez de Taveirós. Palmou Lorenzo, Jesús. Pereira Valcárcel, Manuel.  Pérez Lapique, Patricia.  Porta Martinez, Paulo. Porto Iglesias, Xesús A. Rei Romeu, Manuel. Rey Castelao, Ofelia. Rey Chao, Manuel Anxo. Rodríguez Ribeira, Bernardo. Sanmartín Losada, Xosé Ramón Sanmartín Rei, Goretti. Sanmartín Sobrino, Maximino.  Tarrío Barreiro, Andrés. Valladares Núñez, Avelina. Valladares Núñez, Marcial. Varela Buxán, Manuel Daniel. Varela Lorenzo, Lina. Ventin Cerviño, Segundo. Villamayor Martínez, Gumersindo.

Villamayor Martínez, Gumersindo

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Poesía Xornalístico Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Enlaces externos Biblioteca municipal Redes Sociais Mulleres valentes Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Poesía Xornalístico Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Enlaces externos Biblioteca municipal Redes Sociais Mulleres valentes Villamayor Martínez, Gumersindo Biografía Nacín na Parroquia de Olives ( A Estrada) no ano 1.962. Neto de estraperlistas vidos a menos, e fillo de obreiro e agricultores, tiven por primeiro mestre a D. Manuel Constenla, mestre da escoA DE Lamas, entre os anos 1.966 e 1.973. Emigrei coa miña familia para Francia, voltando  para instalarnos definitivamente na Galiza.   Tras o paso polo Seminario Franciscano de Herbón, iniciei os meus estudos de Bacharelato no Instituto da Estrada entre os anos 1.978 e 1.982. Foi neste Centro onde  espertou a miña conciencia nacionalista, sen dúbida polo maxisterio do catedrático de Lengua Francisco Rodríguez Sánchez Por primeira vez participei na escenificación de obras de teatro de autores galegos e mesmo asistín ás representacións que tiñan lugar en Santiago, marcándome a experiencia de woyzeck e Dorotea Bárcena.Asistimos ás primeiras charlas sobre a cultura e a literatura galegas da man  de autores, hoxe clásicos, coma Manuel María, Lois Diéguez…   Definitivamente foi a miña chegada á Universidade de Santiago de Compostela o que supuxo a determinación de que ía ser clave no meu pensamento: o nacionalismo.   Cursei estudos de Xeografía e Historia entre os anos 1.982 e 1.987, especializándome como Xeógrafo. Alí puiden asistir a conferencias de clásicos literatos e historiadores galegos. Os propios contados académicos obrigábannos a ter unha formación multidiciplinar. Isto fixo que coñecese as opinións de primeira man de persoeiros importantes nos derradeiros 25 anos do século XX: Aranguren,Saraiva de Carvalho, Lluis Llach, Ramón Tamames…   Unha vez rematada a miña formación académica traballei como asesor en temas históricos e xeográficos á daquela pioneira experiencia do Turismo Rural no Concello da Estrada; posteriormente desempeñei as mesmas tarefas no Concello da Veiga.   A principios dos noventa participei como poñente no Congreso sobre García Barros,analisando os compoñentes innovadores do punto de vista pedagóxico na obra do autor de Callobre. Coincidindo con esta etapa dirixín o xornal “ Contrarretranca” durante dous anos, sendo un referente xa na historia das publicacións periódicas no Concello da Estrada. Na actualidade son propietario dun pequeno negocio relacionado coas artes gráficas. E un modesto revolucionario”.   É autor da extensa unidade titulada “ Silencio Interior” inserida na HISTORIA DA LITERATURA GALEGA ( ASPG – A Nosa Terra, 1.996) en col do período da nosa historia literaria que abrangue dende 1.940 a 1.950, e centrando o traballo sobre a eminente figura de D. Ricardo Carvalho Calero.    Obra Auto de Nadal Autor: Ventin Cerviño, Segundo Editorial: Edicións Fervenza Descripción: Pequena peza teatral, que coma ben nos presenta no título, describe o nacemento da figura de Xesús de Nazaret. O rei de Ovisterre Autor: Ventin Cerviño, Segundo Editorial: Edelvives Páxinas: 45 Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica

Ventín Cerviño, Segundo

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Poesía Xornalístico Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Enlaces externos Biblioteca municipal Redes Sociais Mulleres valentes Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Poesía Xornalístico Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Enlaces externos Biblioteca municipal Redes Sociais Mulleres valentes Ventín Cerviño, Segundo Biografía Nace en Codeseda ( A Estrada) no ano 1.936, no seo dunha familia de labradores. Seu pai e dous irmáns seus foron fusilados en Zamora en decembro dese mesmo ano “ por ser uns ninguéns, uns canteiros con carné socialista”- Pasa a súa xuventude na aldea de Monteagudo en contacto directo coa agricultura. Aos oito anos mándano ao colexio privado que rexentaban Miguel Sieiro e Manuel Iglesias Cabada ( curmán do poeta Cabada) no Codesal. Alí estudou ata 6º de Bacharelato e alí descubriu a súa febre poética. O 6º, PREU e Reválida fíxoos no instituto vello da Estrada, onde publicou o seu primeiro poema nunha revista de alumnos. Mais non escollerá carreira de Letras, senón que Medicina ( “  quería ser rico coma os médicos e non morto de fame coma os poetas”). Alí  perdeu dous anos da súa vida estudando para algo que non era a súa vocación. Despois fai por libre a carreira de Maxisterio. O na Normal de Pontevedra. No ano 1.956 volta a Codeseda onde monta unha academia privada na casa de Vilas, onde el estudara. No ano 1.960 aproba as oposicións de Maxisterio. O seu primeiro destino foi á escola mixta de Armonda ( Campo Lameiro) onde pasou dous cursos. Despois pasará cinco cursos en Anllares do Sil, un pobo leonés e de alí voltou á escola mixta de Chacente ( Campo Lameiro). No ano 1.976 inaugúrase o Colexio Público onde exercerá como sub-director e cinco anos despois será director. Participará en todo tipo de actividades e exercerá dos máis diversos cargos, como Secretario de Cámara Agraria, correspondente do I.N.S.S., teniente de alcalde, secretario da sociedade de caza e do Club de fútbol… Finalmente trasladarase ao C.P. Isidora Riestra de Poio, de onde pasará a ser profesor de Lingua Española no IES dese mesmo concello, ata que se xubila no ano 2.001.   A pesar de pasar case toda a súa vida escribindo, normalmente para os seus alumnos e tamén para os seus compañeiros, será pouca a súa obra que se verá publicada, permanecendo polo tanto case toda esta obra inédita ata o momento. Ademais moita da súa obra está en castelán, tamén sen publicar.   Cómpre salientar o seu relato de Literatura Infantil e Xuvenil O REI DE OVISTERRE ( Edit. Edelvives, 1.992) que acadou algo impensable para moitas obras escritas no noso idioma, unha tirada de 4.000 exemplares vendidos. Polo que respecta á lírica, teremos que destacar a obra INSTANTES DE  SENTIMIENTO ( Edición do propio autor, 1.993) que  está formada por poemas en castelán e en galego.  Concretamente os poemas en galego, que acadan a 3ª parte da obra, están so o título de “ Versos para miña terra”. Permanecen inditas pequenas pezas de teatro, coma: “ Biografía da primavera en catro tempos”, “ A fuga a Exipto”, “ A nova mestra”… e asimesmo relatos coma: “ O coelliño”, “ A deusa do mar”… Obra Auto de Nadal Autor: Ventin Cerviño, Segundo Editorial: Edicións Fervenza Descripción: Pequena peza teatral, que coma ben nos presenta no título, describe o nacemento da figura de Xesús de Nazaret. O rei de Ovisterre Autor: Ventin Cerviño, Segundo Editorial: Edelvives Páxinas: 45 Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica

Scroll ao inicio
Skip to content