Trámites

Bonificacións fiscais nos impostos e taxas municipais

  • Neste documento recóllense as posibilidades que as persoas con menores recursos económicos, as familias numerosas, os veciños de núcleos rurais, os discapacitados, os propietarios de vivendas de protección oficial, … teñen de pagar menos impostos e taxas ao Concello.

    ACTIVIDADE ECONÓMICA

    Imposto
    Actividades
    Económicas
    IAE

    NON terán que pagar o IAE :

    • As persoas físicas (comerciantes, profesionais, artistas, etc.).
    • As empresas ou sociedades civís cando a cifra de negocios no ano 2000 sexa inferior a 1 millón de euros.
    • Aquelas empresas con cifra de negocios superior a 1 millón de euros se inician no 2003 a súa actividade.

    ACTIVIDADE ECONÓMICA

    Imposto
    Bens
    Inmobles
    IBI

    • Bonificación do 90% durante un período máximo de 3 anos os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, sempre que non formen parte do seu inmobilizado.

      Debe solicitarse antes do comezo das obras, presentando os estatutos da sociedade e a certificación do administrador da sociedade ou fotocopia do último balance (para os efectos do imposto de sociedades), sobre a non inclusión no inmobilizado do inmoble obxecto de bonificación.

    BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS

    Garderia
    Infantil

    • Redución do 10% ao 100% nas cotas mensuais da Gardería Infantil segundo ingresos da unidade familiar.

    BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS

    Taxas por
    Sumidoiros,
    Recollida de Lixo
    e Auga

    – Bonificación do 50 % ás persoas en situación de parados ou xubilados que acrediten as condicións seguintes:

    • Non posuír a unidade familiar, ingresos superiores ao salario mínimo interprofesional, incluíndo no mesmo o subsidio por desemprego.
    • Non ser propietario ou usufrutuario de bens rústicos ou urbanos (agás a propia vivenda se o seu valor catastral non supera os 24.040,48 euros ) nin titulares no exercicio de actividades suxeitas o IAE.
    • As persoas en situación de paro, ademais das anteriores condicións, terán que levar desempregados cando menos seis meses dos doce anteriores ao devengo da taxa correspondente.

    – Bonificación do 95 % ás persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal.

    BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS

    Axuda no
    Fogar

    • Bonificación de ata ao 100 % segundo os ingresos e ao numero de membros da unidade familiar de convivencia.

    BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS

    Expedición de
    Documentos
    Administrativos

    • Exención total ás persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal.

    BONIFICACIÓNS AOS
    DISCAPACITADOS

    Imposto
    Vehículos

    • Exención do pagamento nos vehículos para persoas con mobilidade limitada e tamén os matriculados por persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33% e que sexan para o seu uso exclusivo (aínda que non os conduza).
      Debe solicitarse antes do 1 de maio, achegando o certificado de minusvalía e a ficha técnica do vehículo ou, en caso de vehículos matriculados a nome de minusválidos, a acreditación ou compromiso de uso exclusivo.

    BONIFICACIÓNS ÁS
    FAMILIAS NUMEROSAS

    Imposto
    Bens
    Inmobles
    IBI

    Na vivenda que sexa a residencia habitual da familia numerosa e sempre e cando os seus ingresos per cápita sexan inferiores a 3.500 euros.

    • Familia numerosa de 1ª. categoría : Bonificación do 50%
    • Familia numerosa de 2ª. categoría : Bonificación do 70%
    • Familia numerosa de honor : Bonificación do 90%

    Debe solicitarse no Concello antes do 1 de abril, presentando o título de familia numerosa.

    – bonificación pendente de aprobación definitiva –

    BONIFICACIÓNS S
    FAMILIAS NUMEROSAS

    Conservatorio
    Profesional
    e Escola de
    Música
    Municipal

    Nas cotas do Conservatorio Profesional e Escola de Música Municipal :

    • Familia numerosa de 1ª. categoría : Bonificación do 50%
    • Familia numerosa de 2ª. categoría : Bonificación do 75%
    • Familia numerosa de honor : Bonificación do 100%

    BONIFICACIÓNS ÁS
    FAMILIAS NUMEROSAS

    Gardería
    Infantil

    Nas cotas da Gardería Infantil :

    • Bonificación do 20 %

    OUTROS BENEFICIOS FISCAIS

    Imposto
    Bens
    Inmobles
    IBI

    Bonificación do 37,5 % por cento durante 3 anos na cota íntegra do IBI os inmobles de natureza urbana que segundo as vixentes Normas de Ordenación Subsidiarias de Planeamento Municipal :

    • estean situados en zonas que sexan susceptibles de calificarse como solo urbano non consolidado.
    • estean situados en zonas que sexan susceptibles de calificarse como solo apto para urbanizar.
    • estean situados fóra das zonas delimitadas como solo urbano e solo apto para urbanizar.

    Están exentos do pagamento :

    • os inmobles urbanos cun recibo inferior a 6 euros.
    • os inmobles rústicos dun mesmo propietario e cunha cota agrupada inferior a 6 euros.

    – bonificación e exención pendentes de aprobación definitiva –

    OUTROS BENEFICIOS FISCAIS
    Imposto
    Vehículos
    • Non terán que pagar os vehículos que teñan máis de 30 anos ou estean calificados como históricos.

      Debe solicitarse antes do 1 de maio, presentando no seu caso o documento de catalogación como vehículo histórico.

    PROTECCIÓN E DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE

    Imposto
    Bens
    Inmobles
    IBI

    • Exención para as superficies de montes poboados con especies de crecemento lento para a produción de madeira, con densidade normal, sen necesidade de solicitude.
    • Exención durante 15 anos para as superficies de montes repoboados ou con rexeneración de masas, con proxectos de ordenación ou planos técnicos aprobados pola administración forestal.
      Debe solicitarse, antes do 1 de xuño, presentando a certificación acreditativa emitida pola Dirección Xeral de Montes.

    PROTECCIÓN E FOMENTO DA AGRICULTURA

    Imposto
    Bens
    Inmobles
    IBI

    • Exención sen necesidade de solicitude, para os bens comunais e os montes veciñais en man común.
    • Bonificación do 95% para os bens rústicos das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra.
      Deberá solicitarse, antes do 1 de xuño, presentando o certificado acreditativo da condición de cooperativa agraria ou de explotación comunitaria da terra.

    PROTECCIÓN E FOMENTO DA AGRICULTURA

    Imposto
    Vehículos

    • Exención para os tractores, remolques, semi-remolques e maquinaria provistos da Cartilla de Inspección Agrícola.
      Debe solicitarse, antes do 1 de maio.

    VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL

    Imposto
    Bens
    Inmobles
    IBI

    • Os propietarios dunha vivenda de protección oficial (ou autonómica asimilada) terán dereito a unha bonificación no recibo do IBI do 50 % durante os primeiros tres anos e do 25% nos tres seguintes.

      Deben solicitala no Concello presentando a cédula de cualificación definitiva e a documentación acreditativa da propiedade.

    MÁIS INFORMACION
    • Nos Servizos Económicos do Concello
      Praza da Constitución, s/n.
      36680 A Estrada.
    • Chamando aos teléfonos : 986.570.030 – 986.570.165.
    • Axuda do Cidadán.
      En calquera deles facilitarémoslle canta información e asesoramento precise, así como impresos de solicitude, ordenanzas, lexislación aplicable, …
Scroll ao inicio
Ir o contido