Nome do autor:elena villar

Sen categorizar

Programación Entroido 2025

– Sábado 22 de febreiroÁs 17:00 h Entroido infantil en Guimarei, no local social con merenda para todos. – Xoves 27 de febreiroÁs 20:00 h Presentación do libro VIVA!, sobre os Xenerais da Ulla, na Casa das Letras. – Sábado 1 de marzoÁs 17:00 h. baile de disfraces infantil, con xogos e merenda no mercado.Ás 17:30 h baile de disfraces para os maiores, na residencia. – Domingo 2 de marzoENTROIDO TRADICIONAL DE COUSO (todo o día).Encontro de Mini Xenerais no Souto de Vea ás 17.00 h.Atranques dos Xenerais de Couso ás 19.00 h no Campo da Festa. – Luns 3 de marzoÁs 17:00 h concurso de disfraces do concello da estrada presentado por Isi, na Praza da Feira e con desfile polas rúas da Estrada.23:30h BAILE DE DISFRACES DE GUIMAREI (Campo da Festa). – Martes 4 de marzoÁs 16:30 h ENTROIDO TRADICIONAL NA ESTRADA con desfile de comparsas parroquiais e dos XENERAIS DA ULLA, presentado por PABLO CHICHAS e bendicido polo PADRE XIAO (saída da Rúa Antón Losada e remate na Praza da Feira).Ás 18:30 h encontros e vivas dos Xenerais da Ulla de Couso na Praza da Feira. – Venres 7 de marzoSorteo Entroido a partir das 23:30 h na Praza do Concello con Will e Pablo Chichas. – Sábado 8 de marzo– ENTROIDO TRADICIONAL DE ARNOIS. Encontros dos Xenerais ás 18.00 h no Campo da Festa das Neves.– Ás 19:00 h Enterro do Salmón.– Dende ás 21:30h concurso de disfraces da hostelería. Calendario de Atranques dos Xenerais da Ulla nos distintos concellos.https://xeneraisdaulla.gal/calendario/

Sen categorizar

Etapa Ciclista O Gran Camiño 2025

O Alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, Comprácese en convidalo/a para achegarse a desfrutar da proba de ciclismo O Gran Camiño 2025, que se celebrará o xoves 27 de febreiro, e da que seremos anfitrións a partir das 15 horas. A proba de ciclismo O Gran Camiño 2025 consta de 5 etapas e a segunda etapa comezará en Marín e finalizará na nosa vila. A liña de meta estará na Rúa Calvo Sotelo. Os corredores pasarán varias veces pola liña de chegada. O primeiro paso será sobre as 15:15 horas, o segundo sobre as 16:05 horas e a finalización da etapa sobre as 16:55 horas, sempre segundo os horarios aproximados da organización. Descargar ruta. Descargar percorrido. Descargar restricións tráfico.

Sen categorizar

Convócase en Galicia o bono alugueiro á mocidade

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2025 pola que se procede á convocatoria do programa de Bono alugueiro mocidade para o ano 2025, con financiamento plurianual (código de procedemento VI482E). Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2025, con carácter plurianual, o programa Bono alugueiro mocidade para facilitar o desfrute dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias ou cesionarias (código de procedemento VI482E). Requisitos das persoas beneficiarias a) Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda. b) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estadía ou residencia regular en España. c) Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, ou, en calidade de persoa cesionaria, dun contrato de cesión de uso. No caso de alugamento de habitación non é exixible que a formalización sexa nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro. d) Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos. f) Que a vivenda ou habitación arrendada ou cedida constitúa, no momento da solicitude, a súa residencia habitual e permanente, no caso de que teña contrato. A dita circunstancia deberá ser acreditada mediante certificado ou volante de empadroamento, nos termos previstos nesta resolución. Concederaselles ás persoas beneficiarias unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria A axuda concederase ás persoas beneficiarias polo prazo de dous anos. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, o cal comezará a contarse unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. APERTURA PRAZO SOLICITUDE: XOVES 27 DE FEBREIRO As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora nesta resolución como anexo I. Documentación complementaria a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados b) Contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, ou, se é o caso, contrato de alugamento de habitación ou contrato de cesión de uso. c) Referencia catastral da vivenda, no caso de que non figure no contrato. d) Documento asinado pola persoa arrendadora en que conste o importe da renda ou prezo de cesión individualizado, no caso de que estean incluídos os gastos de comunidade e/ou anexos, como garaxes ou rochos, cuxo importe non estivese desagregado. e) Compromiso asinado pola persoa arrendadora e arrendataria/s da formalización dun contrato de alugamento ou cesión de uso, no caso de non dispoñer de contrato, en que consten os seguintes datos: – O importe da renda ou prezo da cesión individualizado, sen incluír os anexos da vivenda e gastos de comunidade. – O concello onde se localice a vivenda. – A referencia catastral da vivenda. – As persoas arrendatarias que subscribirán o dito contrato – A data de efectos económicos do contrato. f) Certificado ou volante de empadroamento colectivo, en que conste a data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual e permanente na vivenda obxecto de alugamento ou cesión ou en que se localice a habitación obxecto de alugamento ou cesión, no caso de que teña contrato. Para estes efectos, recoñeceranse os certificados expedidos nos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude. No caso de que na vivenda resida unicamente a persoa solicitante, o certificado deberá facer constar expresamente esta circunstancia. g) Documentación xustificativa da fonte regular de ingresos da persoa solicitante. Para estes efectos, poderán achegarse: – Contrato de traballo por conta allea, de ser o caso – Contrato de persoal investigador en formación, de ser o caso. – Certificado acreditativo da percepción dunha prestación social pública de carácter periódico, contributiva ou asistencial, de ser o caso. – Calquera outra documentación que xustifique algunha das fontes regulares de ingresos nos termos das bases reguladoras e da convocatoria. Acceso á orde de convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250220/AnuncioC3Q2-070225-0001_gl.pdf ACCESO Á SOLICITUDE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI482E&ano=2025&numpub=1&lang=gl No caso da Estrada, botarémosche unha man para a súa tramitación desde o departamento de EMPREGO E XUVENTUDE. Podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 ou pasarte poloas nosas oficinas sen necesidade de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Sen categorizar

Aberto o prazo para a presentación de candidaturas para O PREMIO HONORÍFICO AO LABOR DAS MULLERES DO CONCELLO DA ESTRADA 2025

Ábrese o prazo para a presentación de candidaturas para O PREMIO HONORÍFICO AO LABOR DAS MULLERES DO CONCELLO DA ESTRADA para este 2025.DESDE O 14 ATA O 24 DE FEBREIROPódense consultar as bases e utilizar o modelo de candidaturas publicados na web do Concello e no Tabolerio de anuncios da Sede electrónica do Concello da Estrada. Descargar modelo de candidaturas Animamos á cidadanía a que presenten as súas candidatas xa que se trata de un recoñecemento para as mulleres estradenses que teñan unha traxectoria merecedora de visibilizar e valorar.As candidaturas poderán presentaranse no Rexisrto do concello de forma presencial ou o pola Sede electrónica.

Sen categorizar

XORNADA “Adolescencia e novas adiccións”

  A loita contra as adiccións sen substancia constitúe un desafío na nosa sociedade, tanto a nivel educativo como sociosanitario. O vindeiro martes 18 de febreiro ás 18.30h no MOME, os profesores e doutores en Psicoloxía Antonio Rial Boubeta ( USC) e Manuel Isorna Folgar (UVigo), recoñecidos expertos a nivel internacional, poñerán sobre a mesa datos reveladores e refexionarán sobre algunhas claves para que tanto nais e pais, como educadores/as sexamos quen de enfrontar con garantías a problemática destas adiccións (xogo on line, videoxogos, redes sociais, etc)

Scroll ao inicio
Ir o contido