Trámites
Home » Auga – Baixa no servizo.
Auga - Baixa no servizo
Que é ? Dar de baixa o subministro do servizo de auga cando remate a necesidade do mesmo, por cambio de propietario ou declaración de ruína do inmoble. Quen o pode solicitar ? O contratante do servizo ou o propietario do inmoble. Que documentos hai que achegar ? Unha solicitude asinada polo interesado. Canto custa ? A tramitación é gratuíta.
O aboado deberá estar ao día no pagamento dos recibos para recuperar, no seu caso, o depósito constituído no seu día como garantía.Cando se pode solicitar ? Sempre. Como e donde se pode solicitar ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
A baixa surtirá efectos no período natural seguinte ao da súa presentación, podendo, no seu caso, prorratearse polo período de liquidación das tarifas.
A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.Outra información de interese – Alta no servizo de abastecemento de auga.
– Servizos de Recollida de lixo e Sumidoiros.