Concello da Estrada

Trámites

Auga - Baixa no servizo

Que é ?Dar de baixa o subministro do servizo de auga cando remate a necesidade do mesmo, por cambio de propietario ou declaración de ruína do inmoble.
Quen o pode solicitar ?O contratante do servizo ou o propietario do inmoble.
Que documentos hai que achegar ?Unha solicitude asinada polo interesado.
Canto custa ?A tramitación é gratuíta.
O aboado deberá estar ao día no pagamento dos recibos para recuperar, no seu caso, o depósito constituído no seu día como garantía.
Cando se pode solicitar ?Sempre.
Como e donde se pode solicitar ?No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
A baixa surtirá efectos no período natural seguinte ao da súa presentación, podendo, no seu caso, prorratearse polo período de liquidación das tarifas.
A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
Outra información de interese– Alta no servizo de abastecemento de auga.
– Servizos de Recollida de lixo e Sumidoiros.

 

 

Scroll ao inicio
Skip to content