Trámites
Apertura de gabias, calicatas, ... en terreos de uso público local
Que é ? | A autorización para apertura de gabias, calicatas e calas en terreos de uso público local, inclusive estradas, camiños e demais vías públicas locais, para a instalación e reparación de canos, conducións e outras instalacións, así como calquera remodelación de pavimento ou beirarrúas na vía pública. |
---|---|
Quen o pode solicitar ? | Calquera persoa física ou xurídica interesada. |
Que documentos hai que aportar ? | – Unha solicitude asinada. – Memoria con plano, detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do termo municipal. – Medidas seguridade adoptadas. – Xustificante de pagamento do importe da taxa en calidade de depósito previo. – O peticionario deberá achegar garantía suficiente que cubra o custo da reposición da vía pública, segundo a valoración efectuada polo Arquitecto Técnico municipal en cada caso. |
Canto costa ? | A contía desta taxa obterase multiplicando os metros cadrados de superficie de firme afectado polo número de semanas (ou fracción) de duración das obras segundo a zona de que se trate. A tarifa figura no anexo da Ordenanza fiscal reguladora. |
Cando se pode facer ? | En calquera momento. |
Onde se solicita ? | Persoalmente no Rexistro Xeral do Concello . |
Canto tempo tarda a resposta ? | De 7 a 30 días. |
Que documentación entrega o Concello ? | – Unha copia da resolución adoptada. – Unha vez autorizada ou concedida a licenza de aproveitamento, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado. – No caso de denegarse a autorización, os interesados poderán solicitar a devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo. |
Outras informacións de interese | O solicitante deberá cumprir as normas de seguridade precisas. Consideraranse caducadas as licenzas se despois de concedidas transcorren trinta días sen ter comezado as obras. Unha vez iniciadas estas, deberán de seguir sen interrupción. Cando se trate de obras que deben executarse inmediatamente polos graves prexuízos que a demora puidese producir (fugas de gas, fusión de cables, etc.) poderán iniciarse as obras sen ter obtido a autorización municipal, con obriga de solicitar a licenza dentro das vinte e catro horas seguintes ao comezo das obras e de xustificar a razón da súa urxencia. Esixirase ao peticionario garantía suficiente que cubra o custo da reposición da vía pública, segundo a valoración efectuada polo arquitecto técnico municipal en cada caso. En todo caso, a reposición da vía pública ao seu estado inicial realizarase no prazo máximo de 15 días contados a partir da apertura da escavación. |