Concello da Estrada

Trámites

Alta ou modificación catastral

 

Que é ?

– A obriga que teñen os propietarios de novas construcións de dalas de alta.

– Os propietarios de construcións existentes que fixeran variacións nas mesmas están obrigados a presentar a correspondente declaración de modificación catastral

Quen a ten que presentar ?Os propietarios ou promotores nos seguintes casos :
– Nova construción.
– Demolición dunha construción existente.
– Modificación do uso ou destino dun edificio.
– Constitución de dereitos reais.
– Concesións administrativas.
– Divisións propiedade horizontal.
– Agrupación ou segregación de fincas.
Qué documentos hai que aportar ?

A correspondente declaración segundo os modelos aprobados pola Dirección Xeral do Catastro (modelos 902 e 902-S).

As declaracións de alta deben presentarse na Dirección Xeral do Catastro ou no Concello xunto coa documentación seguinte :
1. Fotocopia do último recibo do I.B.I. da finca obxecto da declaración, caso de telo pago.

2. Segundo o tipo de declaración :

2.1 No caso de nova construción, ampliación, reforma ou rehabilitación:
– Plano de situación.
– Plano do solar
– Planos definitivos de cada planta diferente.
– Certificado final de obra ou licenza de primeira ocupación.
– Follas de anexos de datos técnicos (cando haxa máis dun titular, tantas follas do anexo I -relación de titulares- como sexan necesarias)

2.2 No caso de demolición total ou parcial:
– Fotocopia do documento acreditativo da demolición ( licenza municipal )
– Descrición gráfica da situación resultante.

2.3 No caso de modificación de uso ou destino :
– Fotocopia do documento que acredite a modificación ou variación
– Cando haxa máis dun titular, tantas follas do anexo I   -relación de titulares- como sexan necesarias.

2.4 No caso de variación da natureza do ben :
– Fotocopia do documento orixe do cambio da natureza do ben.
– Planos ou croquis acotados

2.5. No caso de constitución de dereito real:
– Fotocopia do documento de constitución do dereito real

2.6. No caso de outorgamento de concesión administrativa:
– Fotocopia do documento de concesión.

2.7. No caso de división da propiedade horizontal:
– Fotocopia do documento polo que se fai a división
– Tantas follas de relación de titulares como sexan necesarias (modelo no anexo I)

2.8. No caso de agrupación de fincas :
– Documento notarial polo que se fai a agrupación.
– Memoria visada.
– Plano da situación anterior visado.
– Plano da situación resultante visado.
– Tantas follas do anexo II (relación de fincas agrupadas) como sexan necesarias

2.9. No caso de segregación de fincas :
– Documento notarial polo que se orixina a segregación.
– Memoria visada.
– Plano da situación anterior.
– Plano da situación resultante.
– Tantas follas de relación de titulares como sexan necesarias.

Canto custa ?O que determina a taxa por inscrición ou alteración catastral fixada polo Ministerio de Economía e Facenda.
En que datas hai que facelo ?Sempre que exista algunha variación ou modificacion.
Como e donde se pode presentar ?

Na Intervención Municipal

Por internet, na páxina da Dirección Xeral do Catastro.

Canto tempo tarda a resposta ?Immediata.
Onde se pode atopar máis información ?Na páxina do Catastro.
Preguntas máis frecuentes1. ¿ Que impresos teño que utilizar en cada caso ?
– Depende do tipo de alteración do que se trate :
No casos de
. Nova construción, ampliación, rehabilitación ou reforma
. Demolición total e/ou parcial
. Agregación/división/segregación/agrupación de fincas
. Modificación de uso-destino.
. División horizontal
Procede presentar o impreso 902 – Alteracións de bens de naturareza urbana, sempre en solo urbano dun propietario.
No resto dos casos hai que presentar o impreso  902-S
Alteración de bens de naturareza urbana, simplificada.
 

Scroll ao inicio
Skip to content