O Conservatorio de Música Profesional da Estrada (CMUS) celebrará o seu concerto de fin de curso o vindeiro xoves 18 de xuño ás 19.00 horas no Teatro Principal da Estrada, nun evento que reunirá sobre o escenario a máis de 120 alumnos e alumnas do centro.
O programa contará coa participación do Grupo de Iniciación, o Conxunto de Guitarras, o Coro de Grao Profesional, a Orquestra de Corda, a Banda Xuvenil e a Orquestra de Grao Profesional, agrupacións que amosarán ao público o traballo realizado ao longo do curso académico.
Como peche do concerto, a Orquestra de Grao Profesional actuará acompañada polo alumnado da materia de Educación Auditiva e Vocal (EAV), nunha colaboración que poñerá de manifesto o carácter integrador e colectivo da formación musical impartida no conservatorio.
Esta cita constitúe un dos eventos máis destacados do calendario do CMUS Profesional da Estrada, permitindo compartir coas familias e coa cidadanía os logros artísticos e formativos acadados polo alumnado durante o curso.
A entrada será libre ata completar o aforo.

