Anotade na axenda, porque este sábado 20 de Xuño imos ter unha xornada ben emotiva e cargada de música!
Trátase dun evento solidario no que TODO o recaudado será destinado para ASANOG, para que poidan seguir loitando e axudando a tantas familias na loita contra o cancro infantil e xuvenil.
Ubicación: carballeira ó lado da casa da escola de San Xurxo de Vea. Enfrente o campo da festa.Ás 12:00h comezaremos con un pregón a cargo de Chelo do Rejo e posteriormente coas actuacións musicais na sesión vermú de Os Lóstregos e a Charanga Os Intocables.
Todo o evento será presentado e dirixido por Iago Castro, xornalista da Radio Galega e veciño da nosa parroquia.
Na hora do xantar teremos racións á venta de churrasco, panceta, salchichas, callos, empanada, tortilla… e cantina con prezos populares. E xa entrados na tarde, contaremos con xogos e actividades infantís a cargo de David Orihuela, e tamén inchables (todo de balde).
A partir das 16:00h actuacións musicais de:
- A Pontevella
- Tamparrantan
- A Xesteira
- Hai Que Roelo
- Tequexeteldere
- Galega de Bailables
- Banda de Gaitas de Barbude
- Os Pereirinhos
Acudide e colaborade por unha boa causa.
Organiza ASANOG e AC San Xurxo de Vea.

