MOI IMPORTANTE: SÓ PODEN SOLICITAR A AXUDA ÁS PERSOAS QUE ASINARAN UN CONTRATO DE ARRENDAMENTO OU MERCASEN UNHA VIVENDA EN PROPIEDADE CON POSTERIORIDADE AO 30 DE ABRIL DE 2025
REQUISITOS:
1. Ter menos de 36 anos de idade no momento de solicitar a axuda.
2. Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias, deberán encontrarse en situación de estadía ou residencia regular en España.
3. Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos na data da solicitude.
Só se poderán adquirir os seguintes bens:
• Electrodomésticos: forno convencional, placa de indución, lavalouzas, forno microondas, lavadora, secadora, frigorífico, conxelador, deshumidificador.
• Pequenos electrodomésticos: batedor de man e de vaso, frixideira de aire, cafeteira, ferro de pasar, aspiradora, radiador, torradora, espremedor.
• Mobles de salón/comedor: sofá, mesa de comedor, cadeira/s, lámpada de pé ou de teito, mesa auxiliar, moble de TV, estante.
• Mobles de cuarto: cabeceiro, estrutura de cama, somier, colchón, amofada, aparador, armario, lámpada de pé ou de teito, mesa auxiliar.
• Mobles de cociña: mesa, cadeira/s, estante, lámpada de teito. • Mobles de baño: estante, moble de lavabo, cadeira, biombo ou cortina de ducha.
• Artigos de decoración: cadros, portaretratos, testos, alfombras, espellos, floreiros.
• Enxoval de cociña: potas, cazos, tixolas e similares, vaixela, cubertos e outros utensilios.
• Enxoval de baño: xaboeira, portacepillos e similares, espello.
• Téxtil de fogar: sabas, edredóns, toallas, mantas.
No caso dos electrodomésticos e pequenos electrodomésticos, só se poderá adquirir unha unidade de cada tipo, agás o radiador, do cal se poderán adquirir un máximo de tres (3) unidades. No caso de enxoval de cociña e baño, poden adquirirse cada tipo de produto individualmente ou como un xogo.
Os produtos e servizos subvencionados serán aqueles que se adquiran desde a data da activación da tarxeta polas persoas beneficiarias ata o 31 de decembro de 2026.
A contía total da axuda é de 1.500 € para as persoas mozas que, reunindo os requisitos establecidos nestas bases, soliciten a axuda na súa condición de arrendatarias dunha vivenda diferente da dos/das seus/súas proxenitores/as, e de 3.000 € para as que adquirisen unha vivenda en propiedade, con posterioridade ao 30 de abril de 2025 e, en todo caso, antes da data de remate do prazo de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 9.00 horas do día 13 de febreiro de 2026 e estará aberto ata o día 30 de abril de 2026, ás 20.00 horas.
Se precisas axuda para a súa tramitación desde o departamento de xuventude do Concello da Estrada, botámosche un man. Estamos no primeiro andar da casa consistorial.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260210/AnuncioG0766-220126-0001_gl.pdf