Xunta de Galicia convoca o programa bono autónomo (TR341Q) fondos europeos
Programa III. Programa bono autónomo (TR341Q)
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que na data solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional, ademais de cumprir o resto de requisitos establecidos na orde.
REQUISITOS:
a) Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos, computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas, declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros.
c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.
As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional. No suposto de persoas autónomas administradoras, terán a consideración de autónomo societario se forman parte da sociedade nunha porcentaxe igual ou superior ao 25 % da súas participacións ou igual ou superior do 33 % do seu capital, o que deberán acreditar fidedignamente mediante certificado do rexistro mercantil, escritura notarial ou calquera outro documento que recolla fidedignamente tanto a dita participación como a súa condición de persoa autónoma societaria con data anterior á presentación da solicitude.
b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.
c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184).
Esta axuda diríxese á mellora da competitividade, a través dos seguintes tipos de investimentos:
• Compra de maquinaria.
• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
• Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
• Compra de utensilios e ferramentas
• Reforma do local ou espazo do negocio.
• Equipamento informático.
• Equipamento de oficina e/ou negocio.
• Rótulos.
• Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.
• Deseño de marca
CONTIA:
Subvención do 60 % de cada un dos investimentos que se van subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros totais de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.
Apertura de prazo de solicitude: 11DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 9.00 HORAS
https://www.xunta.gal/dog/