Imagen Cabecera Común

Cambios na circulación pola contorna da Praza de Galicia

As obras de remodelación e peonalización da Praza de Galicia continúan avanzando con próximos cambios na circulación por este enclave céntrico da Estrada.

O mítico farol foi retirado estes días para evitar que sufra danos no transcurso das obras e para proceder á súa restauración. Coma sempre se dixo, será devolto ao espazo que escolleu a cidadanía en votación popular.

Chega o momento de fresar a superficie asfáltica de toda a contorna afectada por estas obras. A previsión que se baralla é que o mércores da semana que vén (21 de xaneiro) a Praza de Galicia quede pechada ao tráfico. Despois do fresado botarase unha capa de formigón de limpeza.

Para facilitar o tránsito, o tráfico procedente da Avenida Benito Vigo que suba pola Rúa Pérez Viondi poderá tomar a Rúa Irmáns Valladares (cambiará o sentido actual) para acceder cara Avenida de América.

Antes do Entroido volverá a abrise a Praza de Galicia. Estará aberta para celebrar con normalidade os desfiles e concursos previstos dende o 14 de febreiro.

Transporte público:

         🚐 As paradas de autobús continuarán tendo como referencia a Praza da Constitución (a carón do consistorio). 

         🚕 A parada de taxi estará na cabeceira da Rúa Pérez Viondi.

 

Scroll ao inicio
Ir o contido