Imagen Cabecera Común

Gastronomía en feminino na Estrada

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, acompañou esta mañá a Maricarmen Rodríguez, Kim Llobet e Marisé García nunha rolda de prensa na que se fixo un chamamento para que todos os interesados participen, o vindeiro xoves 22 ás 19.30 horas (no MOME), na presentación do libro “De nais a fillas. Receitas para non esquecer”.

O rexedor destacou que este libro “é un tributo a mulleres que foron verdadeiras creadoras e valedoras da cociña galega tradicional”.  “Elas preservaron e transmitiron un saber culinario que temos que entender como unha parte do noso patrimonio cultural”, sinalou.

A obra recolle receitas da estradense Maricarmen Rodríguez, Manicha Bermúdez, Toñi Vicente, Chus González, Ana Gago, Eva Burgos, Carlota Cabanas, Rosalina e Teri Carballa e Loli Barreiro.

Na aportación de Maricarmen Rodríguez, con máis de 40 anos de traxectoria no Restaurante Nixon da Estrada, hai moito sabor ao salmón, estrela da cociña estradense.

Scroll ao inicio
Ir o contido