Imagen Cabecera Común

Nova maquinaria para o servizo de Obras

O servizo municipal de Obras do Concello da Estrada vén de incorporar esta mañá nova maquinaria que redundará no traballo que efectúa no termo municipal estradense. O alcalde, Gonzalo Louzao, o concelleiro delegado de Servizos Municipais, Óscar Durán, e traballadores do servizo que dirixe Miguel Durán participaron no acto de recepción.

Trátase dunha pala mixta retro-cargadora que facilitará o traballo destas brigadas e que supuxo un investimento próximo aos 140.000 euros.

A pala chega para dar o relevo a outra comprada polo Concello no ano 2003, que pasa á reserva con máis de 20.000 horas de traballo.

Scroll ao inicio
Ir o contido