Imagen Cabecera Común

Recomendacións ante a vaga de calor

Ante o episodio meteorolóxico adverso por unha vaga de calor que asola a nosa Comunidade estes días debemos seguir unha serie de recomendacións para levala o mellor posible.
* Manternos hidratados en todo momento. Inxerir auga e líquidos en todo momento
* Procurar comer lixeiro e evitar as comidas pesadas e copiosas
* Refrescarnos a miudo se temos a posibilidade
* Manter a vivenda fresca abrindo para ventilar ás primeiras horas do día e mantendo despois fiestras e persianas pechadas durante o día
* Utilizar roupa cómoda, fresca e transpirable
* Protexernos axeitadamente do sol usando protector solar, gafas, gorras etc e evitar expoñernos ao sol nas horas centrais do día (entre as
11:00 e as 16:00)
* Evitar a actividade física nas horas de máis calor
* Non deixar ás persoas vulnerables e mascotas no interior dos vehículos ainda que sexa por pouco tempo
* Ter especial precaución coas persoas maiores e os nenos xa que son mais vulnerables
* Evitar pasear as mascotas nas horas centrais do sol e tentar mantelas á sombra e frescas
* Lembrar que están totalmente prohibidas as queimas. Se vemos un lume, chamaremos inmediatamente ao 112

Scroll ao inicio
Ir o contido