Servizos

Alugueiro de vivenda

Tes unha vivenda baleira? Poñémola en valor xuntos?

O Concello de A Estrada pon en marcha unha nova iniciativa para fomentar o alugueiro de vivendas baleiras e facer fronte ao reto demográfico. Creamos un portal dixital municipal, onde os propietarios poden dar de alta os seus inmobles dispoñibles para alugueiro, de forma gratuíta, voluntaria e sinxela.
Este rexistro permitirá crear un censo municipal de vivendas baleiras, facilitar o contacto entre propietarios e posibles inquilinos, e acceder no futuro a bonificacións fiscais, axudas á reforma e servizos de asesoramento.
Se tes unha vivenda baleira, anímate a inscribila e colabora cunha A Estrada máis viva, con máis oportunidades para todos.

Scroll ao inicio
Ir o contido