- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Información Campamentos de verán 2025
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2025
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Servizos Sociais
Home » Servizos Sociais » Información Campamentos de verán 2025
Menu
Close
- Información Campamentos de verán 2025
- Servizo de atención temperá
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2025
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
- Sanidade
- Centro de Información ás Mulleres, (CIM)

Información campamentos de verán 2025
A quen vai dirixido: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
Datas e horario: Mes de xullo, agosto e ata o 5 de setembro, en horario de 9:00 a 14:00, de luns a venres (con posibilidade de ampliación segundo as necesidades das familias).
Prazas: 20 rapaces/as por quincena (agás no CEIP Figueiroa que son 40 prazas por quincena).
Lugar de celebración: Instalacións dos CEIP de Oca, Foxo, Cabada Vázquez, Villar Paramá e Figueiroa.
Prazo de inscrición: Do 27 de maio ó 6 de xuño (ambos incluídos).
Cota de inscrición
- O prezo será de 35€ por participante e quincena (durante os meses de xullo e agosto).
- Durante os días do mes de setembro: 25€ por participante.
- O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€ en xullo e agosto, 20€ en setembro).
- A partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica:
https://aestrada.sedelectronica.gal
Documentación a presentar xunto coa solicitude:
- D.N.I do neno/a
- D.N.I do pai, nai ou titor
- Libro de familia (só se solicita bonificación por 2º/3º irmán participante)
- Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á S.S. no réxime especial de traballadores por conta propia.
- Fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.
Criterios de prioridade
No caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse segundo a seguinte orde de prioridades:
- Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
- Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
- Familias nas que os pais, titores ou gardadores acrediten estar traballando durante o período da actividade.
- Familias con rendas máis baixas (IPREM).
- Rapaces e rapazas que acrediten condición de familia numerosa.
- Orde de entrada das solicitudes.
Preferencia: Terán preferencia no momento da inscrición os nenos/as empadroados no Concello da Estrada. No caso de que haxa prazas vacantes en calquera das quendas, poderán formalizar a súa inscrición os/as nenos/as non empadroados.