Xunta de Galicia convoca axudas para o apoio á consolidación das entidades da economia social (bono consolida economia social)
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
ORDE do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026 (código de procedemento TR802L).
Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.
Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde as seguintes entidades, de entre as previstas no artigo 6 Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.
Conceptos subvencionables
1. Equipamento informático.
2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
4. Mellora na eficiencia enerxética.
5. Adquisición de equipamento.
6. Reforma do centro de traballo.
7. Mobiliario.
8. Obtención de certificacións de calidade.
9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
10. Plan de protección de datos.
11. Elementos de transporte.
12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA)
A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:
– 5.000 €, para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3, 8, 9 e 10 do artigo 6.
– 600 €, para cada actividade formativa, das incluidas no concepto 12 do artigo 6, que realice cada persoa socia da entidade que estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos.
O límite máximo das axudas establécese en 30.000 € por cada entidade solicitante.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, que comezará a contar a partir do oitavo día hábil seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha hora de inicio ás 9.00 horas e hora fin de prazo ás 20.00 horas, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
https://www.xunta.gal/dog/