Xunta de Galicia convoca axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR905A).
Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.
b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nacidas en Galicia.
c) Os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Requisitos e unidade familiar
a) Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.
b) Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Ter residido no estranxeiro un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.
d) Que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2024, incluído.
e) Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.
As axudas de carácter xenérico para facer fronte á situación derivada do retorno da unidade familiar previstas nesta resolución aboaranse por unha soa vez e o seu importe establécese en función do número de puntos que se obteña segundo os criterios recollidos no artigo 5. Fíxase, para estes efectos, un valor de 300 euros por unidade de puntuación, o que determinará a contía da axuda.
A contía límite da axuda extraordinaria concedida será ata un máximo de 6.000 euros.
O prazo de presentación das solicitudes comezará ás 9.00 horas do quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (3 DE FEBREIRO DE 2026)
https://www.xunta.gal/dog/