Imagen Cabecera Común

Xunta de Galicia convoca axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola UE para o alumnado das universidades galegas

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 25 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2025/26, en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+ (código de procedemento ED417A).

Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2025/26 en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos no curso 2025/26, en países que teñen a condición de países do programa, con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.

c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2025/26. 

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de dous meses, nos países que teñen a condición de países do programa.

As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países que teñen a condición de países do programa Erasmus+:

a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.

b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.

c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, ttps://sede.xunta.gal

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260102/AnuncioG0761-161225-0002_gl.pdf

Prazo de presentación de solicitudes: 2 DE FEBREIRO

Scroll ao inicio
Ir o contido