XIII Feira da Sidra

A Praza da Constitución acolleu hoxe a presentación da XIII Feira da Sidra, nun acto ao que asistiron touroperadores que visitan A Estrada no marco dun Fam Trip impulsado pola Deputación de Pontevedra. A xornada completouse cun espectacular showcooking do chef Álex Iglesias da man do GDR Terras de Pontevedra Norte.

A Estrada vivirá este ano a Feira da Sidra máis grande da historia. Será o sábado, 6 de xuño, na Praza da Constitución.

A previsión do sector é escanciar 5.000 litros de sidra (1.000 máis que o ano pasado), procedente de 25 lagares de 5 países diferentes.

Este récord de participación suporá máis metros de barra que nunca.

Velaquí deixamos o programa detallado:

Scroll ao inicio
Ir o contido