Volve “Un cómico na aldea”

A concelleira de Cultura, Lucía Seoane, presentou o programa “Un cómico na aldea”, que regresa ao ámbito rural da Estrada este sábado.

Serán un total de 20 actuacións en parroquias ás que non puido chegar na edición de 2025. Haberá teatro, maxia e monólogo. O 90% das propostas teñen o humor como fío condutor.

O ciclo de primavera abrangue actuacións nos meses de abril, maio e xuño, Fará escala en Toedo, Santo André de Vea, Guimarei, Matalobos, Nigoi, Arnois, Ribeira, Santa Mariña de Barcala ou Codeseda.

Nesta primeira volta reunirá a Padre Xiao, Fede Pérez, Pablo Estévez, Quico Cadaval, Pablo Chichas e Miguel Guido.

En outono, o ciclo irá de setembro a novembro, xirando por Orazo, Paradela, Callobre, Moreira, Frades, Berres, Oca, Souto, Loimil e Rubín. Desta volta, contará coa EMAE (“Celtas con filtro”), Teatro Clámide, Lois Pérez, Isi e o Mago Toño e María da Pontragha.

O pano érguese este sábado, 11 de abril en Toedo, co Padre Xiao (20.30 horas).

Scroll ao inicio
Ir o contido