Cultura
Varela Buxán, Manuel Daniel
Naceu na parroquia de Lamas, deste Concello, o día 2 de marzo de 1909, finou no ano 1986. Emigrou á Arxentina onde fundou a Compañía de Teatro Galego “Aires da Terra” que máis tarde se chamou “Maruxa Villanueva”, escribe teatro e en 1938 estrea a súa obra Se o sei non volvo á casa. Alí fixo amizade con Castelao e puxo en escea por primeira vez a obra deste Os vellos non deben de namorarse.
Regresa a Galicia en 1950 e establecese como practicante en Cercio (Lalín). Escribiu unhas 29 pezas teatrais cheas de amor e añoranza da terra galega : O Ferreiro de Satán, Taberna sen dono, A xustiza dun muiñeiro, O cego de Fornelos, ¿Pista ou peste? …
Título: Grazas, padre Ramón
Editorial: Edicións Fervenza
Descripción: Comedia dramática escrita polo autor máis representado do teatro galego, creador da primeira compañía de teatro galego.
Título: O cego de Fornelos
Editorial: Edicións Fervenza
Descripción: Peza teatral que conta cun sentido prólogo do seu amigo Xosé Vázquez Pintor.
Título: Salaios dun vello labrego
Editorial:
Edicións Fervenza
Descripción: Pequena peza teatral do Patriarca do Teatro Galego, que serviu coma un modelo galeguizador no tempo das Irmandades da Fala. A edición está acompañada dunha conversa do escritor Luna Sanmartín co intelectual e dramaturgo Francisco Pillado Mayor, o culpable de dar a coñecer a figura de Varela Buxán en Galicia.