- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Información Campamentos de verán 2025
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2025
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Cultura
Home » Valladares Núñez, Avelina
Menu
Close
Valladares Núñez, Avelina
Biografía
Naceu en Vilancosta – Berres ( A Estrada) no ano 1.825.. Nace no seo dunha familia fidalga e posuidora dunha gran cultura. Porén estamos perante un ambiente totalmente propicio para a actividade artística. Po outra banda tamén estaba omnipresente un ambiente relixioso, algo que tamén marcará a súa poesía. Do 1.859 ao 1.865 desempeñará o cargo se Secretaría da Xunta Parroquial de Beneficiencia de Berres, e así no 1.864 será recompensada coa “ Cruz de Beneficiencia de segunda clase” e un diploma acreditativo en recompensa dos seus humanitarios servicios. Con todo, soubo sobrepoñerse ao ambiente hostil que lle poida supor o ser muller e escritora na época e da súa pluma comezou a abrollar literatura. Finou no ano 1.902, na casa de Vilancosta, onde pasara toda a súa vida, agás unha breve estadía, por mor do traballo de seu pai, en Zamora.
No ano 2.000 o Excmo. Concello da Estrada adicou o ano á lembranza da súa memoria.
Os seus poemas en galego foron publicados por separado en diferentes medios da época e algún deles en varios; así temos que apareceron en: “ Eco de Galicia”, de Buenos Aires, “ El Heralgo Gallego”, “Almanaque Gallego” de Buenos Aires, “ El Emigrado”, “ El Compostelano”, “ La Gran Patria” de Santiago… Finalmente aparecerán todos recompilados na obra de Xosé Luna Sanmartín, OND ´O SOL FACHEABA Ô AMAÑECER ( Ed. Fouce, 2.000).