Imagen Cabecera Común

Unidade didáctica sobre Avelina Valladares

No marco do Ano Cultural Avelina Valladares, o Concello da Estrada impulsou unha unidade didáctica centrada na figura desta autora de Berres. Foi desenvolvida a través de GCiencia e entregada, o pasado mes de xuño, a profesorado e alumnado dos IES Avelina Valladares, Manuel García Barros e Antón Losada Diéguez.

Os interesados poden acceder a este recurso no seguinte enlace: 

https://editorialgalaxia.gal/materiais/unidade-didactica-sobre-avelina-valladares/

A unidade afonda nas diferentes facetas de Avelina Valladares, nomeadamente como poeta, debuxante, columnista e escritora do Rexurdimento. 

De carácter dixital e interactivo, o recurso está pensado para seren empregado nas aulas, buscando combinar a divulgación e coñecemento da autora, así como a estimulación do espírito crítico no alumnado.

Scroll ao inicio
Ir o contido