Imagen Cabecera Común

Tributo a Juan Pardo, este venres, no Teatro Principal

A concelleira estradense de Cultura, Lucía Seonae, e os artistas Antonio Barros e Ialma presentaron este mediodía o concerto tributo a Juan Pardo que chegará este venres, ás 20.30 horas, ao Teatro Principal da Estrada.

Baixo o título de “Anduriña”, o espectáculo ofrece un percorrido por algúns dos temas máis emblemáticos do artista. Con arranxos únicos, pero respectando a esencia da música orixinal de Juan Pardo, este tributo achegará a todos os públicos a obra deste mítico cantante galego.

“Escoitaremos e recordaremos algunhas das súas cancións máis coñecidas na marabillosa voz de Antonio Barros, en un dúo acústico con Ialma, que nos emocionará a todos ao piano”, apuntou Seoane.

Scroll ao inicio
Ir o contido