Imagen Cabecera Común

Traslado ao novo edificio xudicial da Estrada

A alcaldesa en funcións, Amalia Goldar, e os concelleiros Alberto Blanco e Lucía Seoane acompañaron hoxe ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes,@diegocalvopouso, e ao director xeral de Xustiza, José Tronchoni, na supervisión do traslado ao novo edificio xudicial da Baiuca, no que mañá comezará a traballar o persoal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Número 1 da Estrada.

En total, son 18 profesionais, incluíndo dous xuíces, dous letrados da Administración de Xustiza e 11 funcionarios -xestores, tramitadores e auxilios-, aos que se suman tres axentes que se encargan da vixilancia e da seguridade.

O traslado da documentación dos arquivos xa comezou o pasado luns e hoxe procedeuse co do persoal do antigo xulgado número 1: o maxistrado, o letrado e sete funcionarios, entre eles os dous que se ocuparán da oficina do Rexistro Civil. Para a próxima semana estaría previsto culminar o proceso coa xuíz, a letrada e os sete funcionarios do xulgado número 2.

Scroll ao inicio
Ir o contido