Imagen Cabecera Común

Tesouro arqueolóxico en Barbude

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, acompañou esta mañá ao conselleiro de Cultura, José López, na visita realizada as escavacións arqueolóxicas que se están realizando no Castro de Barbude, por impulso deste departamento autonómico.

Esta é primeira intervención deste tipo que se efectúa neste asentamento fortificado da Idade do Ferro.

Durante o percorrido, no que estiveron presentes do director xeral de Patrimonio, Ángel Miramontes, e os concelleiros Lucía Seoane, Amalia Goldar e Alberto Blanco, entre outros, ofrecéronse explicacións sobre os achados realizados nestes días.

Ademais de deixar ao descuberto unha parte importante da muralla no acceso ao castro, as escavacións tamén están poñendo o foco nunha parte moi interesante do xacemento: unha caste de saínte da estrutura, xa extramuros.

Fixéronse dúas sondaxes valorativas e unha limpeza dos perfís na entrada ao castro. O muro está moi ben conservado e tamén se puido atopar unha especie de baluarte ou cubo defensivo de gran entidade.

Na porta hai material medieval e romano aportado (non é orixinal do xacemento) e na parte superior todo é castrexo (século I ou II antes de Cristo).

No castro atopáronse ao longo dos anos diversos materiais, principalmente cerámicos, que se conservan no Museo de Pontevedra . Outros foron entregados no Museo do Pobo Galego. Ademais, a campaña arqueolóxica promovida pola Consellería de Cultura tamén brindou resultados neste sentido. 

Visita guiada este sábado

Cómpre lemabrar que o Concello facilitará que un autobús saia este sábado da Praza da Constitución ás 10.30 horas para ofrecer un percorrido guiado polos expertos da empresa Adro Arqueolóxicas.

É preciso anotarse no departamento de Cultura, ben presencialmente ou a través do número de teléfono 986 573 601.

Scroll ao inicio
Ir o contido