Sinatura do irmanamento entre A Estrada e Rianxo

Os concellos da Estrada e Rianxo asinarán este mediodía na Praza de Galicia o protocolo de irmanamento. Será ás 12.00 horas na Praza de Galicia, a carón da escultura que representa a familia Castelao-Pereira.
A sinatura realizarase despois das intervencións institucionais dos dous alcaldes, Gonzalo Louzao e Julián Bustelo. O acto pecharase cunha ofrenda floral e o himno galego.

Scroll ao inicio
Ir o contido