Imagen Cabecera Común

Semana das Artes Galegas no Conservatorio da Estrada

 

O Convervatorio Profesional de Música da Estrada presenta a terceira edición da súa Semana das Artes Galegas, que arrancará o luns 31 de marzo e terá actividades ata o 3 de abril. Estas sesións divulgativas e culturais conceden este ano un protagonismo especial ao pintor, ceramista, deseñador e galeguista Isaac Díaz Pardo, a quen este ano se lle dedica o Día das Artes Galegas.

A primeira das actividades será o luns, 31 de marzo, no salón de actos da Casa da Música. O doutor en Historia da Arte Xosé María Lema Suárez afondará nun aspecto de Isacc Díaz Pardo pouco coñecido ata o momento: a súa relación coa música.

O martes 1 será a saxofonista Claudia Carballo, que foi alumna do Conservatorio da Estrada, a que tome o relevo, cun concerto aberto ao público en xeral (coma todas as actividades) no que interpretará música alemana e francesa. Será, novamente, ás 19.00 horas no salón de actos.

O mércores, 2 de abril, chegará o momento de inaugurar unha exposición de carteis de cegos da autoría de Isaac Díaz Pardo, presentado o traballo feito polo alumnado de Música Tradicional Galega do Conservatorio, que interpretarán unha peza escrita por Ramiro Cartelle con arranxos de Javier Comesaña.

E xa o xoves 3 será a quenda dun concerto-exposición (19.00 horas). Desta volta será na Casa das Letras. O alumnado interpretará diversas composicións, co pano de fondo da obra pictórica do estradense Toño Valle.

Accede aquí ao díptico das xornadas:

 https://www.conservatorioaestrada.gal/images/documentos/Trptico_Artes_Galegas_2025.pdf

Scroll ao inicio
Ir o contido