Concello da Estrada

Cultura

Sanmartín Sobrino, Maximino

Biografía

“ Mala cousa é cando un non ten biógrafos e temos que escribir unha autobiografía para deixar constancia de que existimos como escritores, o que se presta ademais a non ser obxectivos e arrima-la ascua á nosa sardiña.

Pero un é ben mandado e atéñome. Son Maximino Sanmartín Sobrino. Nacín na Estrada no ano 1.926. Cando aínda non cumprira os dez anos asistín, asustado, ás primeiras convulsións da Guerra Civil, da chamada Guerra Ci vil. Coido que dende aquela quedaron definidas as miñas tendencias políticas.

Comecei cedo a escribir versos –falo de versos, que non de poesía- aos dez ou doce anos, cunha precocidade que soamente marcaba unha vocación e, se acaso, unha facilidade. Dende entón,initerrumpidamente, aínda que podeque con laspus de lustros ou de décadas, seguín escribindo ata hoxe e publiquei seis libros de poemas. Teño unha certa escravitude da rima e unha grande fidelidade ao soneto. Acúsanme,e con razón, de quea facilidade para versificar é a miña inimiga e que debese castigala máis. Estou totalmente dacordo; pero trato de autoxustificarme con que a vida de traballo, dende a emigración ata hoxe, tiveron as miñas prioridades, o que pode que non fose acertado.

No ano 1.995, cos setenta a caer, outórgaseme o” Primer Premio de Poesía El Imán” e publícase o meu primeiro libro, no que se recollerón versos escritos dende os dezasete anos. E xa de corrido publiquei outros, en todos eles alternando español e galego, salvo o último só en galego. Dirixín “… y cinco minutos para la poesía”, en Televigo, con máis de cen programas emitidos.”

As súas obras son singulares xa que nelas soen convivir os dous idiomas: o galego eo español, aínda que en case todas predomine este último. Comezou coa obra SOMBRA DE UN ARBOL SIN HOJAS ( Ed. Guimarey Puente, 1.995), onde cada un dos diferentes apartados da obra comeza cun poema en galego para lles dar paso aos poemas en español. A continuación publicou REFLUXOS ( Ed. Guimarey Puente,1.999), que é a súa obra escrita integramente en galego ( só hai un poema en español). Neste mesmo ano publicará ANTROPOLOXÍA POÉTICA ( Ed. Guimarey Puente,1.999), onde o seu último apartado titulado “ Na miña lingua” estará reservado exclusivamente ao galego..E finalmente publicou SONETOS Y SONATAS ( Ed. Guimarey Puente, 2.000), onde aparecerán inseridos algúns poemas en galego.

Obra

Poemas para el 7º día
Autor: Sanmartín Sobrino, Maximino
Editorial: Guimarey Puente, S. L.
Descripción:
Libro de poemas de temática diversa: amor, amizade, poemas sociais,…Versos impregnados de madurez dun poeta xa consagrado dentro da nosa historia literaria.

maximino sanmartin sobrino

Refluxos
Autor: Sanmartín Sobrino, Maximino
Xénero: Poesía
Editorial: Ediciones Guimarey Puente, S.L.
Páxinas: 79
Tamaño: 14,0 x 21,5 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-930951-0-9 Refluxos

Sombra de un alma sin hojas
Autor: Sanmartín Sobrino, Maximino
Xénero: Poesía
Editorial: Ediciones Guimarey Puente, S.L.
Tamaño: 14,0 x 21,5 cms.
Encuadernación: Rústica
Descripción:
Inclue cinta cassete coas voces de Juan Bravo, Elena Cáccamo, Aurora Maestre e Juan Carlos Martínez.

sombradeunarbolsinhojas

Sonetos y Sonatas
Autor: Sanmartín Sobrino, Maximino
Xénero: Poesía
Editorial: Ediciones Guimarey Puente, S.L.
Páxinas: 102
Tamaño: 14,0 x 21,5 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-930951-0-9

sonetosysonatas

Veinte canciones desesperadas y un poema de amor
Autor: Sanmartín Sobrino, Maximino
Xénero: Poesía
Editorial: Ediciones Guimarey Puente, S.L.
Páxinas: 47
Tamaño: 14,0 x 21,5 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-930951-2-5

veintecancionesdesesperadas

Scroll ao inicio
Skip to content